Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 12 de xuño de 2017 Páx. 28539

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se fai publica a formalización da contratación polo procedemento aberto, tramitación ordinaria, non suxeito a regulación harmonizada, da subministración, mediante a modalidade de renting, de 82 vehículos para o persoal fixo das brigadas dos distritos con labores de prevención e defensa contra incendios forestais (expediente 10/2017).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de vehículos mediante a modalidade de renting pola Consellería do Medio Rural con destino á Subdirección Xeral de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais para o persoal fixo das brigadas dos distritos con labores de prevención e defensa contra incendios forestais.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=110482

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 49, do 10 de marzo de 2017.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria; aberto non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificado.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 208.435,80 €; IVE (21 %): 43.771,52 €. Importe total: 252.207,32 €.

Valor estimado: 208.435,80 €.

5. Financiamento: fondos propios.

6. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data da resolución de adxudicación: 24 de abril de 2017.

b) Adxudicataria: Empresa Monforte, S.A.

c) Importe: 231.281,82 €, IVE incluído.

d) Data de formalización do contrato: 4 de maio de 2017.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: foi o único licitador presentado e cumpre os requisitos establecidos nos pregos, polo que resultou ser a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2017

Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural