Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 12 de xuño de 2017 Páx. 28537

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 3 de maio de 2017 polo que se notifica a resolución de declaración de incumprimento no contrato de obras de adecuación dos baños para residentes no Centro de Atención a Persoas con Discapacidade de Redondela e a incautación da garantía definitiva constituída.

En relación co expediente indicado no presente anuncio, intentouse efectuar, sen efecto, a notificación á interesada no último domicilio coñecido, conforme o establecido nos artigos 42 e 43 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ante este resultado infrutuoso e en cumprimento do establecido no artigo 44 da referida Lei 39/2015, do 1 de outubro, procédese a publicar o presente anuncio, significando que, dado que este acto non se publica na súa integridade, de conformidade co previsto nos artigos 45 e 46 da mesma lei, o texto íntegro da resolución que se notifica se atopa a disposición, xunto co resto da documentación do expediente na sede que se indica a continuación.

Expediente: 2006/05/213.

Nome/razón social: San Martín, S.A.

NIE/NIF: A-15060148.

Dirección: polígono industrial Cruz das Cabezas, s/n, As Pontes de García Rodríguez (A Coruña).

Procedemento: resolución de declaración de incumprimento no contrato de obras de adecuación dos baños para residentes no Centro de Atención a Persoas con Discapacidade de Redondela, e incautación da garantía definitiva constituída.

Tipo de acto: notificación.

Oficina: Servizo de Obras da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social. Edificio administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela (A Coruña).

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación desta notificación no BOE, segundo o disposto no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de poder exercer, se é o caso, o recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes segundo o disposto no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2017

O conselleiro de Política Social
P.D. (Artigo 1 da Orde do 3.3.2016)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social