Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 12 de xuño de 2017 Páx. 28553

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 26 de maio de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente RE-OUT-2017-0076.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase a María Dolores García Soage a Resolución do 3 de abril de 2017 pola que se resolve o recurso de alzada interposto contra a Resolución do 20 de xaneiro de 2017 adoptada pola Confraría de Pescadores de Pontevedra.

A interesada poderá comparecer no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado nas dependencias da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, sitas no Edificio Administrativo San Caetano s/n, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (taboleiro de edictos único).

Fáiselle saber que contra a dita resolución, que pon fin á vía adminstrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da publicación.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2017

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar