Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 12 de xuño de 2017 Páx. 28554

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 29 de maio de 2017, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución da solicitude de recusación do instrutor no expediente sancionador PSC-PO-0367/2017-PPM.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio, a resolución da solicitude de recusación do instrutor no expediente sancionador PSC-PO-0367/2017-PPM.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Vigo, 29 de maio de 2017

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Expediente: PSC-PO-0367/2017-PPM.

Persoa interesada: Eduardo Durán Álvarez.

NIF: 36086684Y.

Acto de notificación: resolución da solicitude de recusación do instrutor.

Último enderezo coñecido: Baredo, Outeiro, nº 3, Baiona.