Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 12 de xuño de 2017 Páx. 28562

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se anuncia a licitación para a contratación dun servizo de mantemento de elevadores e portas automáticas de diversos centros dependentes desta xerencia (expediente AB-EIL1-17-005).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa-Unidade de Contratación de Monforte.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa-Unidade de Contratación de Monforte.

2º. Enderezo: rúa Doutor Ulises Romero, 1.

3º. Localidade e código postal: Lugo 27003.

4º. Teléfonos: 982 41 77 81.

5º. Telefax: 982 40 40 06.

6º. Correo electrónico: contratacionadm.eoxi.lugo@sergas.es.

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.

8º. Data límite de obtención da documentación e información: ata o último día do prazo de presentación de ofertas, todos os días laborables, das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AB-EIL1-17-005.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de mantemento de elevadores e portas automáticas de diversos centros dependentes da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si; tres (3) lotes.

d) Lugar de execución/entrega: Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

1º. Enderezo: véxanse os pregos.

2º. Localidade e código postal: véxanse os pregos.

e) Prazo de execución/entrega: 24 meses.

f) Admisión de prórroga: si; véxanse os pregos.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) Sistema dinámico de adquisición: non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 50750000-7 e 50712000-9.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: véxanse os pregos.

4. Valor estimado do contrato: 353.752,83 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 136.058,78 €.

b) Importe total: 164.631,12 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non.

Definitiva: 5 % do orzamento de licitación do/dos lote/s, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría): véxanse os pregos.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxanse os pregos.

c) Outros requisitos específicos: véxanse os pregos.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 3.7.2017.

Se o útimo día do prazo de presentación de proposicións coincide en domingo ou festivo na localidade establecida no número 1.c.3º desta resolución, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: véxanse os pregos.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral do HULA.

2º. Enderezo: rúa Doutor Ulises Romero, 1, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Lugo 27003.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: véxanse os pregos.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: apertura pública dos sobres B e C.

b) Enderezo: HULA. Rúa Doutor Ulises Romero, 1, 3º andar.

c) Localidade e código postal: Lugo 27003.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do/dos adxudicatario/s.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 22.5.2017.

12. Outras informacións: véxanse os pregos.

Lugo, 22 de maio de 2017

Ramón Ares Rico
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos