Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 12 de xuño de 2017 Páx. 28566

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2017 pola que se anuncia a licitación dos seguintes contratos de subministracións cofinanciados nun 80 % con fondos Feder e nun 20 % pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia (expediente 2017/1010 (ref. UNLC15-DE-3595) e expediente 2017/1013 (3 lotes) (ref. UNLC15-DE-3597).

– Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Universidade da Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Patrimonio, Inventario e Xestión Económica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Patrimonio, Inventario e Xestión Económica-Sección de Contratación.

2º. Domicilio: Reitoría da Universidade da Coruña. R/ Maestranza, núm. 9, 1ª andar.

3º. Localidade e código postal: A Coruña, 15001.

4º. Teléfono: +34 981 16 70 00 (extensións 1119, 1120).

5º. Telefax: +34 981 16 70 20.

6º. Correo electrónico: seccion.contratacion@udc.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.udc.gal/contratacionadministrativa

8º. Data límite de obtención de documentación e información: durante o prazo de presentación de proposicións.

• Número de expediente: 2017/1010.

– Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: adquisición dun posto de control de ensaio con software e hardware.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: Citeec.

1º. Domicilio: Campus de Elviña, s/n.

2º. Localidade e código postal: A Coruña, 15071.

e) Prazo de execución/entrega: 90 días naturais.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 42967000-2.

– Valor estimado do contrato: 125.000,00 euros.

– Orzamento base de licitación:

Importe neto: 125.000,00 euros. Importe total: 151.250,00 euros.

• Número de expediente: 2017/1013 (3 lotes).

– Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: mellora das instalacións e equipos do Citeec para a fabricación de formigón e a medida das súas propiedades en estado fresco. Lote 1: base para a amasadora con decantador de residuos. Lote 2: novo control da amasadora e do skip de carga. Lote 3: equipamento de reoloxía para formigóns, argamasas e pastas.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si (3 lotes).

d) Lugar de execución/entrega: Citeec.

1º. Domicilio: Campus de Elviña, s/n.

2º. Localidade e código postal: A Coruña, 15071.

e) Prazo de execución/entrega: 90 días naturais para cada un dos lotes.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV (referencia de nomenclatura): lote 1: 45262500-6; lote 2: 31682210-5; lote 3: 38428000-1.

– Valor estimado do contrato: 109.174,00 euros.

– Orzamento base de licitación:

Importe neto: 109.174,00 euros. Lote 1: 8.000,00 euros. Lote 2: 12.000,00 euros. Lote 3: 89.174,00 euros. Importe total: 132.100,54 euros. Lote 1: 9.680,00 euros. Lote 2: 14.520,00 euros. Lote 3: 107.900,54 euros.

– Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de clausulas administrativas particulares (PCAP).

– Garantías exixidas:

Definitiva: 5 % de importe de adxudicación (IVE excluído).

Complementaria: 5 % de importe de adxudicación (IVE excluído).

– Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría) (se é o caso): os que figuran no PCAP.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (se é o caso): os que figuran no PCAP.

c) Outros requisitos específicos: os que figuran no prego de clausulas administrativas particulares (PCAP).

– Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: de luns a venres, antes das 14.00 horas, do décimo quinto día natural que empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o prazo remata en día inhábil, trasladarase ao día seguinte hábil.

b) Modalidade de presentación: a que figura no PCAP.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade da Coruña.

2º. Domicilio: Reitoría, r/ Maestranza, núm. 9.

3º. Localidade e código postal: A Coruña, 15001.

d) Admisión de variantes, se procede: especifícase no PCAP.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: especifícase no PCAP.

– Apertura de ofertas:

a) Descrición: apertura dos criterios non avaliables de forma automática (sobre B) e dos criterios avaliables de forma automática (sobre C).

b) Enderezo: Reitoría, r/ Maestranza, núm. 9.

c) Localidade e código postal: A Coruña, 15001.

d) Data e hora:

1º. Apertura do sobre B: o quinto día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación de proposicións, ás 12.00 horas.

2º. Apertura do sobre C: a mesa de contratación comunicará, a través do perfil do contratante o día e hora en que terá lugar.

– Gastos de publicidade: serán por conta das empresas adxdicatarias a pro rata.

– Outras informacións: o adxudicatario da contratación estará obrigado a cumprir as obrigas de información e publicidade comunitaria establecidas nos artigos 8-9 Regulamento CE nº 1080/2006 do Parlamento Europeo e do Consello e concordantes, relativo ao Feder.

A Coruña, 5 de xuño de 2017

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 12.1.2016)
Ramón del Valle López
Xerente da Universidade da Coruña