Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 12 de xuño de 2017 Páx. 28560

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 29 de maio de 2017 pola que se notifica requirimento de retirada de vehículo con matrícula 2401-HXL abandonado no dominio público portuario do porto da Guarda.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a Argentino González Rodríguez con DNI 76976734, en tanto que titular do vehículo marca Dacia, modelo Sandero, con matrícula 2401-HXL, ou a calquera outra persoa física ou xurídica que puidera ter intereses lexítimos sobre o ben en cuestión, o seguinte requirimento por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.

Segundo acta-denuncia 01/2017 do 21 de febreiro de 2017 do celador garda peiraos con NIP 367135, o vehículo indicado atópase estacionado no porto da Guarda en estado de abandono desde agosto de 2016.

Considerando o exposto, e toda vez que na zona onde se atopa o vehículo a entidade pública Portos de Galicia é a Administración competente en materia de xestión de tráfico, de conformidade co disposto no artigo 106.1 do Real decreto lexislativo 6/2015, do 30 de outubro, que aproba o texto refundido da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade vial, requírese o titular para que nun prazo máximo dun mes contado desde a publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, proceda a retirar o vehículo da zona de servizo do porto da Guarda.

No caso de incumprirse o presente requirimento, Portos de Galicia, sen máis trámites, daralle ao vehículo tratamento de residuo, e procederá, en consecuencia, ao seu traslado a centro autorizado de tratamento de vehículos para a súa posterior destrución e descontaminación.

O anterior enténdese sen prexuízo das sancións administrativas que procedan en dereito.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2017

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia