Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 12 de xuño de 2017 Páx. 28558

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 29 de maio de 2017 pola que se notifica reclamación de custos por danos ocasionados no dominio público portuario de Cangas.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a María Dolores Graña Rodas, con DNI 78733573, requirimento da Dirección de Portos de Galicia do 18 de maio de 2017 para proceder ao aboamento de custos de reposición ocasionados no dominio público portuario de Cangas (Pontevedra), por non ser posible a notificación no domicilio.

Este anuncio publicarase no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Os danos na pilona de acceso ao peirao pesqueiro prodúcense polo accidente o día 13 de setembro de 2016 do vehículo con matrícula 8720-FXW, segundo se reflicte na acta do celador con NIP 367137, acompañada de fotografías e de fotograma do sistema de videovixilancia.

A Zona Sur intentou notificar apercibimento previo, que tamén foi devolto polo servizo de Correos.

O importe o que ascendeu o custo de reposición da pilona foi de 229,90 euros, IVE engadido.

O requirimento emítese ao abeiro dos artigos 100, 101 e 102 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e do artigo 66 do Regulamento de servizo e policía portuarios aprobado mediante Orde ministerial do 12 de xuño de 1976.

Para o pagamento da cantidade á que ascendeu o custo de reposición, que deberá de realizarse nos prazos previstos no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, baixo a advertencia de exacción pola vía executiva, empregarase o modelo de impreso anexo á presente cédula.

O presente requirimento, que ten eficacia executiva, non esgota a vía administrativa e é susceptible de recurso de alzada que deberá ser interposto ante a Presidencia de Portos de Galicia no prazo dun mes contados desde o día seguinte ao da publicación.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2017

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia

missing image file