Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 8 de xuño de 2017 Páx. 27982

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Paderne

ANUNCIO de licitación de contratación do servizo de axuda no fogar.

Aprobado pola Xunta de Goberno Local na sesión do 24 de maio de 2017 o expediente de contratación, do servizo de axuda no fogar, no Concello de Paderne, que seguidamente se relaciona e por tramitación ordinaria, anúnciase a licitación para participar nos termos que se expoñen, no mesmo Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial da provincia e no perfil do contratante do Concello de Paderne.

0. Regulación harmonizada.

a) Contrato non suxeito a regulación harmonizada. X

b) Contrato suxeito a regulación harmonizada.

1. Obxecto do contrato.

Servizo de axuda no fogar no Concello de Paderne.

1.bis. Codificación.

Categoría: 25.

Designación do servizo.

Núm. ref. CPC: 93.

Código CPV: 853512000-9.

Servizos sociais e de saúde.

Servizos de asistencia social sen aloxamento.

2.1. Tipo de licitación.

2.1. De luns a sábados: 15,00 € por hora de servizo sen IVE engadido.

Domingos e festivos: 17,00 € por hora de servizo sen IVE engadido.

2.2. Orzamento do contrato.

2.2. 338.190,72 € (IVE incluído) – 2 anos.

2.3. Valor estimado do contrato.

2.3. 706.798,00 € (sen IVE).

2.4. Valor anual medio do contrato.

2.4. 162.159,00 € (sen IVE).

3. Aplicación orzamentaria.

231/227.99.

4. Duración do contrato. Prórroga.

O prazo de duración do contrato será de dos (2) anos.

Prorrogable por outros dous (2) anos.

5. Solvencia económico-financeira.

1. Solvencia económica:

O licitador que presente a oferta máis favorable deberá de acreditar a solvencia económica e financeira polo seguinte medio, exclusivamente:

Volume anual de negocios, referido ao ano de maior volume de negocios dos tres últimos concluídos, no ámbito ao que se refira o contrato, por importe igual ou superior 243.238,50 € [unha vez e media o valor anual medio do contrato, sinalado na epígrafe 2.4 anterior (sen ter en conta o IVE)].

O volume anual de negocios do licitador acreditarase por medio das súas contas anuais aprobadas e depositadas no Rexistro Mercantil, se o empresario estivese inscrito no devandito rexistro e, en caso contrario, polas depositadas no Rexistro Oficial en que deba estar inscrito. Os empresarios individuais non inscritos no Rexistro Mercantil acreditarán o seu volume anual de negocios mediante os seus libros de inventarios e contas anuais legalizados polo Rexistro Mercantil.

Por volume anual de negocios debe entenderse o importe neto da cifra de negocios que figura na conta de perdas e ganancias nos modelos regulamentarios das contas anuais establecidas na lexislación mercantil.

Solvencia técnica.

2. Solvencia técnica e profesional:

O licitador que presentase a oferta máis favorable deberá acreditar a súa solvencia técnica exclusivamente mediante o seguinte criterio:

Unha relación dos principais servizos ou traballos cuxo CPV teña como primeiros dous díxitos o 85, realizados no últimos cinco anos que inclúa importe, data e o

destinatario, público ou privado destes, nun importe anual acumulado no ano de maior execución igual ou superior a 113.511,30 € [o 70 % do valor anual medio do contrato (sen ter en conta o IVE)].

Para esta acreditación, cando o destinatario da prestación fose unha entidade pública, o licitador presentará un certificado expedido ou visado polo órgano competente, que deberá incluír a indicación do seu código CPV, o importe e as datas de prestación do servizo. Cando o destinatario da prestación sexa un suxeito privado, a acreditación cumprimentarase mediante un certificado ou declaración responsable expedido polo mesmo destinatario, que deberá incluír, en todo caso, a indicación do código CPV, o importe e as datas de prestación do servizo.

5. bis. Clasificación do contratista.

Non se exixe.

6. Forma e medio de consulta. Lugar e horario de presentación das ofertas.

Consulta: Concello de Paderne, luns a venres, das 9.00 ás 14:00 horas e no perfil do contratante do Concello de Paderne (www.concellodepaderne.com).

Teléfono: 981 79 70 01.

Fax: 981 79 70 35.

Presentación: Rexistro de Entrada do Concello de Paderne, sito en Consistorio nº 10, 15314 Paderne (A Coruña).

Días de apertura e horario do Rexistro: De luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Acceso aos pregos de cláusulas administrativas e técnicas.

No perfil do contratante do Concello de Paderne (www.concellodepaderne.com).

6. bis. Identificación dos órganos competentes (Adicional 33º TRLCSP).

Rexistro de presentación de facturas:

Rexistro de Entrada do Concello de Paderne, sito en Consistorio nº 10, 15314 Paderne (A Coruña).

Días de apertura e horario do Rexistro: de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Identificación necesaria para a presentación de facturas electrónicas:

Destinatario: Concello de Paderne. CIF P1506500F. Código. DIR 3: L01150644.

Órgano decisorio/xestor:

Concello de Paderne. CIF P1506500F. Código. DIR 3: L01150644.

Oficina contable:

Concello de Paderne. CIF P1506500F. Código. DIR 3: L01150644.

Unidade tramitadora:

Concello de Paderne. CIF P1506500F. Código. DIR 3: L01150644.

Órgano competente en materia de contabilidade:

Intervención municipal.

Órgano de contratación:

Xunta de Goberno Local.

Órgano destinatario:

Alcaldía-Área de Benestar Social.

7. Prazo de licitación.

15 días naturais contados a partir da publicación do anuncio do contrato - art. 159.2 TRLCSP.

8. Publicidade da licitación.

Publicidade mediante anuncio no perfil do contratante.

X

Publicidade mediante anuncio no BOP.

X

Publicidade mediante anuncio no DOG.

X

Publicidade mediante anuncio no BOE.

Publicidade mediante anuncio no Diario Oficial de la Unión Europea:

8. bis. Publicidade da adxudicación e formalización (indícase a opción elixida).

Perfil do contratante: www.concellodepaderne.com

Publicidade da adxudicación: perfil do contratante.

Publicidade da formalización do contrato:

a) No perfil do contratante:

X

b) No BOP:

X

9. Garantía definitiva.

5 % do importe de adxudicación (excluído o IVE).

10. Taxas do contrato.

Non suxeito.

11. Revisión de prezos.

Segundo a derrogatoria segunda, letra c) da Lei 2/2015, do 30 de marzo, de desindexación da economía española, que mantén vixente a adicional octoxésima oitava da Lei 22/2013, do 23 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para 2014, e tendo en conta a recomendación da Xunta Consultiva de Contratación Administrativa respecto diso, mantense vixente o art. 89.2 TRLCSP, segundo o cal o órgano de contratación, en resolución motivada poderá excluír a procedencia da revisión de prezos.

Dadas as características da prestación obxecto do contrato, a estrutura dos custos baseados case exclusivamente nos gastos de persoal, así como que a duración do contrato inicial é de 2 anos, resulta aconsellable declarar a improcedencia da revisión de prezos do contrato.

12. Importe máximo de gastos de publicidade a cargo do contratista.

2.000 €.

13. Prazo de garantía.

Un ano.

14. Variantes ou melloras.

Non se admite a presentación de variantes.

X

Admítese a presentación de melloras (unicamente as valorables no prego).

X

Paderne, 31 de maio de 2017

César Longo Queijo
Alcalde