Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 8 de xuño de 2017 Páx. 27981

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arzúa

ANUNCIO de convocatoria para a contratación urxente dun auxiliar da radio municipal, a xornada parcial, mediante o sistema de oposición libre.

Mediante Resolución da Alcaldía, do 26 de maio de 2017, convócase un proceso de selección para a contratación urxente dun auxiliar da radio municipal, a xornada parcial, mediante o sistema de convocatoria de oposición libre.

O período de contratación é de dous meses e medio.

O prazo de presentación de solicitudes e da documentación é de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

As bases estarán á disposición dos interesados nas oficinas municipais, na páxina web do Concello e tamén serán publicadas no Boletín Oficial da provincia.

Arzúa, 1 de xuño de 2017

José Luis García López
Alcalde