Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 8 de xuño de 2017 Páx. 27890

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (PO 679/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 679/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sonia Areoso Carril contra The Wedding Lab Import, S.L.N., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre ordinario, foi ditada sentenza do 10 de maio de 2017, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, tendo visto os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 679/2015, en que son parte, como demandante, Sonia Areoso Carril, asistida polo letrado Sr. Martínez Conde e, como demandados, The Wedding Lab Import, S.L.N., que non comparece a pesar da súa citación en legal forma, o igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial) citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes […]

Decido

Estimar parcialmente a demanda interposta por Sonia Areoso Carril contra The Wedding Lab Import, S.L. e, en consecuencia, condénase a demandada a aboar á demandante a cantidade de 1.090,65 euros, en concepto de salarios debidos, cos xuros do artigo 29.3 do ET por demora, máis a cantidade de 115,93 euros, en concepto de indemnización por cesamento, sen prexuízo da responsabilidade, se for o caso, do Fogasa.

Declárase a falta de competencia da xurisdición social para coñecer da pretensión de condena á empresa a regularizar as cotizacións á Seguridade Social por todo o período traballado, podendo facer a parte uso do seu dereito ante os tribunais da orde xurisdicional contencioso-administrativo.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o cal é suficiente a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

É indispensable que ao tempo de anuncialo acredite a parte que non teña o carácter de traballador ou habente causa dun deles ou de beneficiaria do réxime público de Seguridade Social ou que non goce do beneficio de xustiza gratuíta, ter consignado como depósito a cantidade de 300 € na conta deste xulgado, así como acreditar ao anunciar o recurso ter consignado na conta de depósitos e consignacións aberta a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se deberá facer constar a responsabilidade solidaria do avalista.

Están exentos de constituíren o depósito e a consignación indicada as persoas e entidades comprendidas no número 4 do artigo 229 da LRXS.

Así o acorda, manda e asina, Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a The Wedding Lab Import, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza