Felipe Morgade Portas solicita, en nome e representación da entidade Efectos A Basella, S.L., a concesión administrativa para a construción e explotación dunha nave con destino á venda de efectos navais no porto de Vilanova de Arousa, segundo o proxecto titulado Modificación de proxecto básico de nave comercial de uso inocuo para efectos navais, redactado polo arquitecto Juan Carlos Morgade Portas en marzo de 2017.
O que se fai público para os efectos previstos no artigo 85.3 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do 20 de octubre), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Said Armesto, 1-1º, 36002 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Pontevedra, 24 de abril de 2017
Mateo Ruibal Fernández
Xefe da Zona Sur de Portos de Galicia