Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 8 de xuño de 2017 Páx. 27965

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 15 de maio de 2017, da Área Provincial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia da resolución de baixa no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro dos ditos actos deberase efectuar na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Ourense, sita na rúa Sáenz Díez, nº 1, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 15 de maio de 2017

Consuelo Fernández Sueiro
Xefa da Área Provincial de Ourense

ANEXO

Acto obxecto de notificación: baixa no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda.

Credencial

Persoa interesada

DNI/NIE/NIF

50002

Isaac Gil Diéguez

...861C

51511

María Tereza Sales

...008F

52335

Pedro Cancio Martínez

...319J

65815

María Dolores Rodríguez Page

…068H

66941

Gumersindo López Gayosa

...311X