Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 8 de xuño de 2017 Páx. 27967

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2017 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación da dirección de execución e coordinación de seguridade e saúde da obra do Edificio Institucional e de I+D da Universidade de Vigo no Casco Vello (expediente 309/17).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

• Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

• Enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais-Campus As Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo, 36310.

• Teléfono: 986 81 35 56.

• Telefax: 986 81 38 57.

• Correo electrónico: xscont@uvigo.es

• Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.tablon2.uvigo.es/index.asp?idm_abr=ga

• Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de remate do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 309/17.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: dirección de execución e coordinación de seguridade e saúde da obra do Edificio Institucional e de I+D da Universidade de Vigo no Casco Vello.

c) División por lotes e número de lotes/unidades: non procede.

d) Lugar de execución/entrega: Campus de Vigo.

e) Prazo de execución: desde o día seguinte ao da sinatura do contrato ata que se efectúe a recepción da obra, sen prexuízo dos traballos relacionados coa certificación e liquidación desta, estendéndose, se é o caso, ata o tempo necesario para realizalos.

f) Admisión de prórroga: non procede.

g) CPV:

• 71240000-1 supervisión de traballos de construción-71248000-8 supervisión de proxecto e documentación-715200000-9 servizo de supervisión de obras.

h) CPA:

• 71.00.22 (servizos técnicos de arquitectura pra proxectos de edificios non residenciais).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

• Oferta económica: 51 puntos.

• Calidade técnica da oferta: 25 puntos.

• Grao de análise do proxecto: 24 puntos.

4. Importe de licitación:

Importe neto: 72.000 €. Importe total (IVE incluído): 15.120 €.

5. Valor estimado do contrato: 72.000 €.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación do contratista: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira, solvencia técnica e profesional e concreción da solvencia: a que se indica nos puntos 11, 12 e 13 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de servizos mediante procedemento aberto.

c) Outros requisitos específicos: os indicados no punto 13 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de servizos mediante procedemento aberto.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, ata as 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación de ofertas: papel, tres sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

• Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

• Enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais, planta baixa. Praza de Erasmo, s/n. Campus As Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo, 36310.

• Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para os sobres B e C na Sala de Xuntas de Xerencia da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: Edificio de Xerencia e Servizos Centrais-2º andar. Praza de Erasmo, s/n. Campus As Lagoas-Marcosende.

c) Localidade e código postal: Vigo, 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario. Aproximadamente: 1.200 €.

Vigo, 2 de xuño de 2017

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 7.5.2014; DOG do 13 de maio)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo