Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 7 de xuño de 2017 Páx. 27533

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (PO 532/2014).

PO. Procedemento ordinario 532/2014

Demandantes: Jorge Sanmartín Carou

Avogado: Xavier Castro Martínez

Demandados: Refojo y González, S.L., Hipescar, S.L., Campiñas de Laíño, S.A., administrador concursal Juan Capella Pérez da entidade Campiñas de Laíño, S.A., administrador concursal María José Lorenzo Gómez da entidade Refojo y González, Fogasa

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 532/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jorge Sanmartín Carou contra Refojo y González, S.L., Hipescar, S.L., Campiñas de Laíño, S.A., administrador concursal Juan Capella Pérez da entidade Campiñas de Laíño, S.A., administradora concursal María José Lorenzo Gómez da entidade Refojo y González, Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Decido:

Que debo estimar a demanda presentada por instancia de Jorge Sanmartín Carou, contra Campiñas de Laíño, S.A., Hipescar, S.L., Refojo y González, S.L., que non comparecen a pesar de constar debidamente citadas, contra a administración concursal (Mª José Lorenzo Gómez e Juan Manuel Capella Pérez) e contra o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceron a pesar de constaren debidamente citados, sobre reclamación de cantidade, e debo condenar a demandada ao aboamento á demandante da cantidade de 1.211,46 euros como cantidades debidas, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade, producidos desde a data de presentación da papeleta de conciliación (STS 17.6.2014) até a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

Debo condenar e condeno a administración concursal (Mª José Lorenzo Gómez e Juan Manuel Capella Pérez) a estar e pasar pola anterior resolución.

Debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que ela non cabe interpor recurso de suplicación.

A anterior resolución entregarase ao letrado da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Hipescar, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza