Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 7 de xuño de 2017 Páx. 27524

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (110/2015).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 62/2015 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Juan Manuel Cruz Bergondo contra a empresa Fotocomposición y Montajes Mongraf, S.L., Fogasa, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Sentenza

A Coruña, 4 de maio de 2017.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 62/2015 en que son parte como demandante Juan Manuel Cruz Bergondo, representado pola letrada María Dolores Rodríguez Amoroso, e como demandada Fotocomposición y Montajes Mongraf, S.L. e Fogasa que non comparecen, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza.

Antecedentes de feito:

Primeiro. A parte demandante presentou demanda que por quenda lle correspondeu ao Xulgado do Social número 2 da Coruña, na cal, tras expoñer os feitos e alegar os fundamentos de dereito que considerou pertinentes, terminaba suplicando que se ditase sentenza conforme o pedido.

Segundo. Admitida a trámite a dita demanda, sinalouse a celebración do acto de xuízo e este celebrouse na data sinalada en todas as súas fases co resultado que consta na acta redactada para o efecto e que quedou debidamente gravado no correspondente soporte CD. Unha vez concluído o acto do xuízo, quedaron os autos vistos para ditar sentenza.

Terceiro. Na tramitación dos presentes autos observáronse as normas legais de procedemento.

Decido:

Que, estimando a demanda interposta polo demandante Juan Manuel Cruz Bergondo, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Fotocomposición y Montajes Mongraf, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 24.091,60 euros polos conceptos reclamados en demanda, máis os xuros correspondentes.

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás cales se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciar perante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio prazo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

Igualmente deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, definitivamente xulgando».

Para que sirva de notificación en legal forma a Fotocomposición y Montajes Mongraf, S.L., e ao seu administrador único José Carlos Rodríguez Portela, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza