Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 7 de xuño de 2017 Páx. 27523

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol

EDICTO (887/2016).

Divorcio contencioso 887/2016

Procedemento orixe: /

Sobre divorcio contencioso

Demandante: Raquel Herrera Rodríguez

Procuradora: Marta Isabel Pereira de Vicente

Avogado: Juan Luis Pía Antón

Demandado: Diego José de Almeida Moraes

José Miguel Regueiro Pérez, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol, por medio deste edicto,

Anuncio:

No presente procedemento de divorcio número 887/2016 seguido por instancia de Raquel Herrera Rodríguez fronte a Diego José de Almeida Moraes ditouse a Sentenza do 9 de marzo de 2017, cuxa decisión é do teor literal seguinte:

Decido:

Debo estimar e estimo substancialmente a demanda presentada por Raquel Herrera Rodríguez contra Diego José Almeida Moraes e:

(1) Declaro a disolución por divorcio do matrimonio por eles contraído en Ferrol, o día 11 de decembro de 2013, inscrito no Rexistro Civil na páxina 3 do tomo 125 da sección 2ª.

(2) Unha vez firme a presente resolución, anótese no Registro Civil.

(3) Non procede realizar condena en custas da instancia.

Ao se encontrar o dito demandado, Diego José de Almeida Moraes, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ferrol, 16 de marzo de 2017

José Miguel Regueiro Pérez
Letrado da Administración de xustiza