Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 7 de xuño de 2017 Páx. 27527

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 45/2017).

Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 45/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Diego Prado Salgueiro contra Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., sobre ordinario, ditouse a resolución en que se acorda:

Declarar o executado Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A. en situación de insolvencia por importe de 3.451 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

E para que sirva de notificación en legal forma a Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 15 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza