Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 7 de xuño de 2017 Páx. 27528

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (DSP 118/2017).

Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que no procedemento DSP 118/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Desiderio Varela Pintor contra RSU Silleda UTE, o Fogasa e Urbaser, S.A., ditouse auto cuxa parte dispositiva é a que segue:

– Aprobar a avinza alcanzada entre as partes neste procedemento.

– Ter por desistida a parte demandante das súas pretensións fronte á demandada RSU Silleda UTE.

– E arquivar as presentes actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Urbaser, S.A. en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 15 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza