Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 7 de xuño de 2017 Páx. 27544

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (758/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Cristina González Santos fronte a Delfina Pensado Boo, en procedemento ordinario rexistrado co número 758/2015, se acordou citar a demandada Delfina Pensado Boo, en ignorado paradoiro, co fin de que comparezan na sala de vistas do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, situado na rúa Berlín, s/n, sala de vistas 3, planta baixa, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, o día 19 de xuño de 2017 ás 12.20 horas e ás 12.25 horas, respectivamente, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo; poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que se intente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Fáiselle saber que se encontra á súa disposición na oficina xudicial deste xulgado a cédula de citación, a copia da demanda, o decreto da súa admisión e as demais resolucións e documentos que figuran no procedemento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, este poida estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Para que sirva de citación a Delfina Pensado Boo, expídese a presente cédula para publicar no Diario Oficial de Galicia e colocar no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza