Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 7 de xuño de 2017 Páx. 27542

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 465/2015).

PO procedemento ordinario 465/2015

Procedemento orixe: /

Sobre ordinario

Demandantes: José Villar Blanco, Pablo Pérez Fernández

Demandados: Santiago Dos, S.L., Tussa, José Allegue Seoane, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa)

Avogado: Alejandro Manuel Martín López, Fogasa

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 465/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Villar Blanco, Pablo Pérez Fernández contra Santiago Dos, S.L., Tussa, José Allegue Seoane, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2017

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 465/2015, sendo parte neste, como demandantes, Pablo Pérez Fernández e José Villar Blanco, asistidos pola letrada Verde Crespo, e, como demandado/s, Santiago Dos, S.L., despois de ser citado ademais en calidade de administrador concursal José Allegue Seoane, e Tussa (Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago, S.A.), que non comparecen, malia a súa citación en legal forma, ao igual que o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes

Fallo:

Estímase a demanda interposta por Pablo Pérez Fernández e José Villar Blanco fronte a Santiago Dos, S.L., despois de ser citado ademais en calidade de administrador concursal José Allegue Seoane, e, en consecuencia, condénase á demandada Santiago Dos, S.L., a aboar ao demandante Pablo Pérez Fernández a cantidade de 1.290,68 euros, aplicándose a esta cantidade os xuros do 10 % por mora e a José Villar Blanco a cantidade de 1.564,03 euros, aplicándose a esta cantidade os xuros do 10 % por mora. Todo iso sen prexuízo da responsabilidade, se é o caso, do Fogasa.

Desestímase a demanda fronte a Tussa absolvendo a demandada dos pedimentos formulados fronte a esta.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

É indispensable que ao tempo de anuncialo acredite a parte que non ostente o carácter de traballador ou habente-causa súa ou beneficiaria do réxime público da Seguridade Social ou non goce do beneficio de xustiza gratuíta, ter consignado como depósito a cantidade de 300 € na conta deste xulgado, así como acreditar ao anunciar o recurso ter consignado na “conta de depósitos e consignacións” aberta a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse constar a responsabilidade solidaria do avalista.

Están exentos de constituír o depósito e a consignación indicada as persoas e entidades comprendidas no apartado 4 do artigo 229 da LRXS.

Así o acorda, manda e asina, Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Santiago Dos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza