Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 7 de xuño de 2017 Páx. 27546

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (174/2014).

Eu, Susana Varela Amboage, secretario do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada o día 3.5.2017 e 16.5.2017, no proceso seguido a instancia de Pablo Gómez Rodríguez contra Isalcor Valga, S.L., Alicia Carro Lorenzo, Tesorería General de la Seguridad Social, Carpintería Metálica Tecre, S.L., Atesvi, S.L., Mutua Gallega, Mutua Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la SS, Instituto Nacional de la Seguridad Social-Dirección Provincial de A Coruña, Estevan Crego Pedrido, Sociedad Profesional Torres Díaz, Sanjurjo y Barral, S.L.P. , Mutua Universal, Mutua Fremap rexistrado co nº SSS 174/2014 acordouse notificar dilixencias de ordenación de data 3.5.2017 e de 16.5.2017, ditadas no procedemento a Isalcor Valga, S.L., en ignorado paradoiro:

Dilixencia de ordenación

Letrada da Administración de xustiza: Susana Varela Amboage

En Santiago de Compostela, tres de maio de dous mil dezasete.

Os anteriores escritos presentados pola parte demandante ampliando a demanda únanse e confírase traslado. Tense por ampliada a demanda fronte a Mutua Fremap e Mutua Universal aos que se remitirá copia da demanda indicando a estas que na actualidade o presente procedemento se encontra á espera de sinalización e requirindo ambas as dúas mutuas co fin de que no prazo de dous días designen un número de fax ou o sistema Lexnet para os efectos de notificacións.

Respecto da solicitude de reanudación do procedemento interesado pola demandante, confírase traslado ás demais partes para que no prazo de tres días aleguen o que ao seu dereito conveña, facéndolles saber que o presente procedemento foi suspendido á espera do ditado de resolución xudicial asine no procedemento de seguridade social 1151/2013 que se tramita ante este mesmo xulgado, procedemento no cal non recaeu resolución xudicial ao acharse igualmente en estado de suspensión.

Notifíquese a dilixencia de ordenación.

Letrada da Administración de xustiza: Susana Varela Amboage

En Santiago de Compostela, dezaseis de maio de dous mil dezasete.

O anterior escrito presentado polo letrado Mar Gómez Balboa únase e confírase traslado. Tense por comparecida a letrada mencionada en representación de Mutua Universal Mugenat entendéndose con ela as sucesivas actuacións, e facéndoo saber que en caso de interesar recibir notificacións por Lexnet deberá facelo constar expresamente por escrito.

Despois de recibirse devolta a notificación da dilixencia de ordenación de data 3.5.2017 á demandada Isalcor Valga e tendo coñecemento este xulgado de que esta se atopa en ignorado paradoiro ao ter recorrido á súa citación de edictos no procedemento SSS 115/2013 tramitado por este xulgado, notifíquese á devandita empresa a dilixencia de ordenación mencionada a medio de edictos a inserir no DOG e taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Isalcor Valga, S.L. expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2017

A letrada da Administracion de xustiza