Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 7 de xuño de 2017 Páx. 27548

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 9 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Cimático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do anteproxecto da ampliación da EDAR de Rianxo, no concello de Rianxo, promovido por Augas de Galicia (clave 2016/0061).

De conformidade co artigo 47, número 3, da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11.12.2013), faise público o informe de impacto ambiental, do 8 de maio de 2017, do anteproxecto da ampliación da EDAR de Rianxo, no concello de Rianxo (A Coruña), promovido por Augas de Galicia.

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2017

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático