Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 6 de xuño de 2017 Páx. 27342

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (472/2014).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 472/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carmen Fernández Fernández contra Limber Multiservicios, S.L., administrador concursal Javier López Romero da entidade Limber Multiservicio e Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Decisión

Que debo estimar a demanda presentada por instancia de Carmen Fernández Fernández, asistida polo letrado Sr. Comendador Rey, contra a entidade Limber Multiservicios, S.L., o seu administrador concursal Javier López Romero e Fogasa, que non comparecen malia estar debidamente citada, sobre reclamación de cantidade e debo condenar a demandada ao aboamento á demandante da cantidade de 1.651,29 euros como cantidades debidas, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade, percibidos desde a data de presentación da papeleta de conciliación (STS 17.6.2014) ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

Debo condenar e condeno o administrador concursal Javier López Romero, a estar e pasar pola anterior declaración.

Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta non cabe interpoñer recurso de suplicación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Limber Multiservicios, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza