Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 6 de xuño de 2017 Páx. 27335

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (482/2016).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 842/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Isabel Mosquera Pereiro contra María José Martínez Alvariño, Aroa Chaudarcas Martínez e Mafiar, S.C., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución cuxo encabezamento e fallo son do teor literal seguinte:

«Sentenza número 127/2017.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2017.

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos número 842/2016, sobre despedimento, seguidos por instancia de María Isabel Mosquera Pereiro, asistida pola letrada Sra. Romero Salgado, contra a empresa Mafiar, S.C. e as socias desta María José Martínez Alvariño e Aroa Chaudarcas».

«Decido que, estimando a demanda formulada por María Isabel Mosquera Pereiro contra a empresa Mafiar, S.C. e as súas socias María José Martínez Alvariño e Aroa Chaudarcas, declaro a improcedencia do seu despedimento e extinguida a relación laboral con efectos da data desta sentenza e condeno a empresa demandada a que lle aboe a cantidade de 2.014,46 euros, en concepto de indemnización calculada a razón de euros 33,30 euros/día, así como os salarios de tramitación desde a data do despedimento, 1 de outubro de 2016, ata a data desta sentenza, por importe de 5.361,3 euros.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Aroa Chaudarcas Martínez, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG e no taboleiro de anuncios.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza