Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 6 de xuño de 2017 Páx. 27334

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (293/2015).

Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 293/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Carmen García Posado contra Talleres Fernández Coruña, S.L., Ifer Coruña, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou Resolución do 11 de maio de 2017 contra a cal se pode interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días, e fágolles saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

Para que lles sirva de notificación en legal forma a Talleres Fernández Coruña, S.L. e Ifer Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto o sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de maio de 2017

O letrado da Administración de xustiza