Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 6 de xuño de 2017 Páx. 27428

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2017 pola que se convoca concurso para o outorgamento de diversas autorizacións de dominio público.

O presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, mediante a Resolución do 7 de abril de 2017, acordou convocar un concurso para o outorgamento de diversas autorizacións de dominio público co obxecto da ocupación de locais (6) de aparellos da lonxa do porto de Ferrol e aprobar o prego de bases do concurso e o título de outorgamento das autorizacións.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Servizos Xurídicos e Relacións Laborais.

c) Código de expediente: A-900.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: concurso para o outorgamento de diversas autorizacións de dominio público co obxecto da ocupación de locais (6) de aparellos da lonxa do porto de Ferrol.

b) Localización: porto interior de Ferrol.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: taxas segundo o título de outorgamento.

5. Garantías.

a) Provisional: non procede.

b) Explotación: contía e forma establecidas no título de outorgamento.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao. Peirao de Curuxeiras, s/n, 15401 Ferrol. Teléfono: 981 33 80 00. Fax: 981 33 80 01.

b) Data de obtención de documentación e información: a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Requisitos dos concursantes: os recollidos no prego de bases do concurso.

8. Criterios de adxudicación: os que figuran no prego de bases do concurso.

9. Presentación das ofertas:

a) Data límite: o prazo de presentación das proposicións será de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao de publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia. Se o día fixado é inhábil, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

b) Documentación que integrará as ofertas: formularanse conforme o disposto no prego de bases do concurso.

c) Lugar de presentación: Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao. Peirao de Curuxeiras, s/n, 15401 Ferrol.

10. Apertura das ofertas.

Acto público de apertura do sobre número dous, lugar, data e hora: a apertura do sobre número dous realizaraa a mesa de contratación en acto público, que terá lugar no edificio da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, sito no peirao de Curuxeiras, s/n. Para iso convocaranse os licitadores con 72 horas de antelación.

11. Gastos de anuncio: serán por conta dos adxudicatarios do concurso.

Ferrol, 2 de maio de 2017

José Manuel Vilariño Anca
Presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao