Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 6 de xuño de 2017 Páx. 27431

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vigo

ANUNCIO de convocatoria de persoal laboral temporal.

A Autoridade Portuaria de Vigo realiza convocatoria de posto de traballo para cubrir 3 (tres) prazas mediante contrato temporal de remuda ao 75 % da xornada.

– Tres prazas de oficial de mantemento-concurso de méritos.

As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web www.apvigo.com e no taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Vigo, Praza da Estrela nº 1.

As solicitudes deberán presentarse, no prazo de vinte (20) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, no rexistro das oficinas centrais da Autoridade Portuaria de Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, se o último día do prazo coincide en domingo ou festivo, este finalizará no seguinte día hábil ás 14.00 horas.

Vigo, 26 de maio de 2017

Beatriz Colunga Fidalgo
Directora da Autoridade Portuaria de Vigo