Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 6 de xuño de 2017 Páx. 27425

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da contratación da subministración, instalación e mantemento de desfibriladores para instalacións deportivas municipais.

1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Deportes. Nº de expediente: 948-611.

2. Obxecto do contrato: a subministración e instalación de 13 desfibriladores semiautomáticos externos-DESA, coas súas respectivas caixas de urxencias, os elementos necesarios para o seu funcionamento, segundo o anexo II do Decreto 38/2017, do 23 de marzo, as cabinas estancas respectivas con sistema de telefonía por tarxeta, a súa posta en funcionamento nas instalacións deportivas municipais, inscrición no rexistro da consellería competente en materia de sanidade, o seu mantemento durante o período de garantía, así como a formación e a acreditación do persoal para o seu uso

División por lotes e número de lotes: non.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: tres meses. Prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 28.925,62 euros. IVE para soportar pola Administración: 6.074,38 euros. Orzamento total: 35.000,00 euros.

5. Garantías exixidas. a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: si (5 % do prezo de adxudicación do contrato excluído o IVE). c) Complementaria: si, cando o prazo de garantía ofertado polo adxudicatario sobre os equipamentos subministrados sexa superior á media dos ofertados polos licitadores admitidos.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante), teléfono 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata sete días antes do día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira: declaración do volume anual de negocio. Consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ó prezo do contrato. b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: unha relación das principais subministracións similares ao obxecto do contrato realizadas nos últimos cinco anos que inclúa importe, datas e o seu destinatario, público ou privado, por importe igual ou superior ao prezo do contrato. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos cinco anos acredita subministracións por importe igual ou superior a unha anualidade media do prezo do contrato. As subministracións efectuadas acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario.

8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará aos 15 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida na cláusula 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 das FEC.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, pza. do Rei núm 1 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Admisión de melloras: non.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 26 de maio de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación