Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Francisco Rivas Villaverde e Jesús Álvarez Villaverde.
Domicilio social: Noveliza-Aciveiro, 36556 Forcarei.
Denominación: LMTA, CT para unha granxa en Corredoira, Rochela.
Situación: Forcarei.
Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor LA-56 de 60 metros de lonxitude, con orixe no apoio nº 7 da LMT derivación Rochela, de Hidroeléctrica de Silleda, S.L., e final no centro de transformación proxectado. Centro de transformación, en apoio de formigón, a 100 kVA con RT 20 kV/400 V, situado en Corredoira, Rochela, Forcarei.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 24 de abril de 2017
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra