Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 6 de xuño de 2017 Páx. 27357

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Vilanova de Arousa (expediente IN407A 2017/180-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Compañía de Electrificación, S.L.

Domicilio social: praza doutor Carús, 7, 1º C (Edificio León XIII), 36600 Vilagarcía de Arousa.

Denominación: LMTS e CT O Castelete.

Situación: Vilanova de Arousa.

Descricións técnicas: centro de transformación, en caseta prefabricada, a 400 kVA con RT 20 kV/420-242 V, con 40 metros de LMTS (entrada e saída) que queda intercalado na LMTS dobre circuíto en San Miguel de Deiro. A instalación está situada no Castelete, O Terrón, Vilanova de Arousa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo na avda. Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 20 de abril de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra