Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 6 de xuño de 2017 Páx. 27359

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2016/153-2, 8462 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: rúa Ramón Mª Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.

Denominación: adecuación LMTS LP Sindicatos. Tramo: CT Flores (882) CT Montero Ríos 1 (1445).

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

1. LMT soterrada a 20 kV coa orixe no CT Montero Ríos (1445) e final no CT Flores (882) en condutor tipo RHZ1-150.

2. Desmontaxe de 260 metros de condutor do tramo de liña que vai desde o CT Montero Ríos 1 (1445) ata o CT rolda da Muralla, 25. Desprazamento de 35 metros de condutor do tramo de liña que vai desde o CT ronda da Muralla, 25 (1446) ata o CT Flores (882) e realización dun empalme entre condutores RHZ1-150 e RHZ1-150.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo, 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 12 de maio de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo