Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 2 de xuño de 2017 Páx. 26831

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2017 pola que se convocan probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional médico/a de empresa, grupo I, pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre, vacante no cadro de persoal laboral desta universidade.

O reitor, no uso das atribucións conferidas polo artigo 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, así como nos estatutos desta Universidade, e en execución do previsto na Resolución do 20 de novembro de 2015 (DOG do 1 de decembro) pola que se aproba a oferta pública de emprego para o ano 2015, resolve convocar probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional médico/a de empresa, grupo I, vacante no seu cadro de persoal laboral, con suxeición ás seguintes

Bases da convocatoria

1. Normas xerais.

1.1. Convócanse probas selectivas para cubrir con persoal laboral fixo unha praza vacante na categoría profesional médico/a de empresa do grupo I do Convenio colectivo para o persoal laboral da USC (DOG do 30 de decembro de 2008), pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre.

1.2. Os procesos de selección, de promoción interna e de acceso libre, realizaranse separadamente, e será en primeiro lugar o de promoción interna. De non cubrirse a vacante por promoción interna, ofertarase para ser cuberta por acceso libre.

1.3. As persoas aspirantes só poderán participar nunha das dúas quendas de acceso.

1.4. O sistema de selección será o de concurso-oposición. No que se refire ás probas e valoracións, axustaranse ao que se especifica no anexo I desta convocatoria.

1.5. A adxudicación da praza á persoa aspirante que supere o proceso selectivo efectuarase de acordo coa puntuación total obtida segundo o establecido no anexo I.

1.6. O programa que rexerá na fase de oposición especifícase no anexo II.

1.7. Na realización destas probas selectivas aplicaranse as seguintes normas e os seus desenvolvementos regulamentarios: Real decreto 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público; Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social; Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; os estatutos da USC, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro, da Xunta de Galicia; o Convenio colectivo do persoal laboral da USC (DOG do 30 de decembro de 2008) e as bases desta convocatoria.

2. Requisitos das persoas aspirantes.

2.1. Para ser admitidas á realización das probas selectivas, as persoas aspirantes deberán posuír no día de remate do prazo de presentación de solicitudes e mantelos ata o momento de formalización do contrato os seguintes requisitos:

a) Ser español ou nacional dalgún dos demais estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún Estado ao cal, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lle sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.

Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o cónxuxe dos españois e dos nacionais dalgún dos demais estados membros da Unión Europea, e cando así o prevexa o correspondente tratado, o dos nacionais dalgún Estado ao cal en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España lle sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións, poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe, menores de 21 anos ou maiores da dita idade que vivan ás súas expensas.

Quen, non sendo español nin nacional dun Estado membro da Unión Europea, se encontre en España en situación de legalidade, sendo titular dun documento que o habilite para residir e poder acceder sen limitacións ao mercado laboral.

b) Ter feitos os 16 anos de idade e non exceder, de ser o caso, a idade máxima de xubilación forzosa.

c) Estar en posesión do título de licenciado/a en Medicina, na especialidade de Medicina do Traballo ou diploma de Médico de Empresa. As persoas aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou credencial que acredite, de ser o caso, a homologación do título.

d) Será requisito indispensable para o ingreso ter acreditada a aptitude médica para o desempeño. Para estes efectos, a persoa aspirante declara, ao facer a solicitude de participación no proceso selectivo, que nesa data posúe a capacidade funcional para o desempeño das tarefas propias do posto e que non padece enfermidade física nin psíquica que lle impida realizar o traballo propio da categoría a que se pretende incorporar.

e) Non estar separado do servizo de calquera das administracións públicas en virtude de expediente disciplinario nin estar inhabilitado por sentenza firme para o exercicio da función pública.

f) Non estar sancionado coa suspensión do dereito de concorrer a probas selectivas, segundo o artigo 70 do Convenio colectivo para persoal laboral da USC.

g) Aboar as taxas por dereitos de exame, agás o previsto no número 3.5.2 desta convocatoria para as persoas discapacitadas, para os membros de familias numerosas e para demandantes de emprego.

2.2. As persoas aspirantes que concorran ás probas pola quenda de promoción interna deberán reunir, ademais, os seguintes requisitos:

a) Ter a condición de persoal laboral fixo da USC.

b) Estar prestando servizos con carácter definitivo ou en adscrición provisional.

c) Pertencer a unha categoría distinta da da praza ofertada nesta convocatoria.

d) Ter unha antigüidade efectiva de, polo menos, seis meses como persoal laboral fixo na categoría a que pertenzan o último día do prazo de presentación de solicitudes.

3. Solicitudes.

3.1. Quen desexe participar nestas probas selectivas deberá solicitalo ao reitor da USC en solicitude segundo o modelo que figura como anexo IV desta convocatoria, no prazo de 20 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

A solicitude estará á disposición das persoas interesadas na páxina web:

http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

As persoas aspirantes deberán facer constar na súa solicitude a quenda pola que se inscriben, libre ou promoción interna, segundo corresponda.

A solicitude presentarase acompañada da seguinte documentación:

– Fotocopia do DNI ou do pasaporte.

– Xustificante bancario do pagamento dos dereitos de exame, de ser o caso.

– Fotocopia do título de licenciado/a en medicina, na especialidade de medicina do traballo ou diploma de médico de empresa.

– Fotocopia do certificado de coñecemento de lingua galega (Celga 4 ou certificado de aptitude do curso de perfeccionamento de lingua galega ou certificado de validación das materias de lingua galega, de acordo co previsto na Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento de lingua galega).

As persoas aspirantes que non presenten esta acreditación deberán realizar a proba de lingua galega prevista no anexo I.

– Xustificante de ter aboadas as taxas, de ser o caso.

As persoas aspirantes que non posúan a nacionalidade española e teñan dereito a participar deberán presentar:

– Dúas fotocopias do documento que acredite a súa nacionalidade e, se é o caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo do nacional doutro Estado co cal teñan o dito vínculo.

– Declaración ou promesa da persoa aspirante de que non está separada de dereito do seu cónxuxe e, se é o caso, do feito de que vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.

– De conformidade co disposto na base 6.5 da convocatoria, as persoas aspirantes que estean exentas da realización da proba previa de acreditación do coñecemento do castelán xuntarán para tal efecto fotocopia compulsada dos diplomas de español como lingua estranxeira (nivel B2 ou nivel C2) ou equivalente. De non achegar esta certificación, non poderán ser declaradas exentas e deberán realizar a proba a que se refire a base 6.5.

Os antigos diplomas de español nos seus niveis intermedio e superior serán equivalentes, para todos os efectos, aos diplomas previstos no Real decreto 264/2008, nos seguintes termos:

a) O diploma de español (nivel intermedio) será equivalente ao diploma de español (nivel B2).

b) O diploma de español (nivel superior) será equivalente ao diploma de español (nivel C2).

3.2. Co fin de garantir a participación en condicións de igualdade, aquelas persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % indicarán na súa solicitude as necesidades de adaptacións específicas e o seu motivo.

3.3. A documentación xustificativa dos méritos que se valoran na fase de concurso será achegada no momento de presentar a solicitude, e non serán valorados méritos que non se atopen suficientemente acreditados documentalmente nin os presentados fóra do prazo establecido para a presentación de solicitudes. A acreditación farase da seguinte maneira:

3.3.1. Certificado acreditativo dos servizos prestados, en que conste a categoría e os períodos nos cales se prestaron, expedido pola unidade de persoal da Administración pública correspondente. Así mesmo, deberase indicar na epígrafe correspondente da solicitude se os servizos foron prestados na USC ou noutras administracións públicas.

3.3.2. Fotocopia dos diplomas dos cursos de formación e cualificación profesional.

O certificado acreditativo dos aspectos indicados nos números anteriores 3.3.1, 3.3.2 e 3.3.3 que obren no expediente persoal, expedirase de oficio para as persoas aspirantes que presten ou prestasen servizos na USC e engadirase á solicitude da persoa aspirante.

Os méritos da fase de concurso valoraranse con referencia á data do peche do prazo de presentación de solicitudes.

En calquera momento, a Universidade poderá requirir das persoas aspirantes os orixinais ou copias debidamente compulsadas dos documentos que se correspondan coas simples presentadas.

3.4. A presentación de solicitudes e da documentación indicada nos puntos anteriores farase no Rexistro Xeral da Universidade, situado na Reitoría da USC (Colexio de San Xerome, praza do Obradoiro, s/n, 15782 Santiago de Compostela), no Rexistro do Campus de Lugo, situado no Edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros (avenida Bernardino Pardo Ouro, polígono de Fingoi, 27002 Lugo) ou nas restantes formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

As solicitudes subscritas no estranxeiro poderán cursarse a través das representacións diplomáticas e consulares españolas correspondentes.

3.5. Os dereitos de exame serán de 40,74 euros, que se ingresarán na conta de Abanca «oposicións» número: ES07 2080 0388 2031 1000 0646.

En ningún caso a presentación e pagamento na entidade bancaria suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude.

3.5.1. Serán excluídas todas aquelas persoas aspirantes que non aboen os dereitos de exame dentro do prazo habilitado para a presentación de solicitudes, e non se concederá ningún prazo adicional para o seu aboamento.

3.5.2. Estarán exentas do pagamento da taxa por dereitos de exame aquelas persoas que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % e tamén as que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial. Así mesmo, gozarán dunha bonificación do 50 % da taxa os membros de familias numerosas de categoría xeral. Estas circunstancias deberán ser acreditadas documentalmente xunto coa solicitude, presentando orixinal ou copia compulsada da cualificación do grao de discapacidade ou do carné de familia numerosa segundo corresponda.

Tamén se aplicará unha bonificación do 50 % á inscrición no proceso selectivo solicitada por persoas que figurasen como demandantes de emprego desde, polo menos, seis meses antes da data de publicación desta convocatoria e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

Os certificados relativos á condición de demandante de emprego, así como o de non percibir prestación ou subsidio por desemprego, expedidos polo Servizo Público de Emprego cos requisitos sinalados no parágrafo anterior, presentaranse coa solicitude de participación nas probas selectivas.

3.5.3. Unicamente procederá a devolución dos dereitos de exame ás persoas aspirantes que sexan excluídas por causas non imputables a elas. Para tal efecto, o reintegro realizarase de oficio, para o que terán que facer constar a entidade bancaria e o seu número de conta no recadro que figura na solicitude. De non figuraren estes datos, entenderase que renuncian á devolución dos dereitos de exame.

4. Admisión de persoas aspirantes.

4.1. Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o reitor da USC ditará resolución en que declarará aprobada a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas. Nesta resolución, que se publicará no Diario Oficial de Galicia, indicarase o lugar en que se atopa exposta ao público a listaxe completa de persoas aspirantes admitidas e excluídas, na cal constará o nome e apelidos das persoas excluídas, o número de DNI, así como as causas que motivaron a exclusión e o prazo para reparalas.

4.2. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da citada resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivaron a exclusión.

4.3. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a seren incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

4.4. Na resolución que aprobe a listaxe definitiva, que se publicará no Diario Oficial de Galicia, indicarase o día, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio. Esta resolución esgotará a vía administrativa e poderase interpor contra ela recurso perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ou recurso potestativo de reposición diante do reitor no prazo dun mes, de acordo co previsto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

4.5. O feito de figurar na listaxe de persoas admitidas non prexulga que se lles recoñeza ás persoas interesadas a posesión de todos os requisitos exixidos, que terán que acreditarse no seu momento, de acordo co previsto na base 8.

5. Tribunal.

5.1. O tribunal cualificador destas probas é o que figura como anexo III desta convocatoria e terá a categoría primeira das recollidas no Real decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón de servizo.

O procedemento de actuación do tribunal axustarase en todo momento ao disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

5.2. Para os efectos de comunicación e demais incidencias, o tribunal terá a súa sede na Reitoría da USC.

5.3. Os membros do tribunal deberán absterse de intervir notificándollo ao reitor da universidade, cando concorran neles as circunstancias previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, ou se realizasen tarefas de preparación de persoas aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

A presidenta solicitará dos membros do tribunal declaración escrita expresa de non estar incursos nas circunstancias previstas no dito artigo.

Así mesmo, as persoas aspirantes poderán recusar os membros do tribunal cando concorran as circunstancias antes citadas.

5.4. Antes do inicio das probas selectivas, a autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia resolución pola que se nomean os novos membros do tribunal que vaian substituír os que teñan perdida a súa condición por algunha das causas previstas na base 5.3.

5.5. Logo da convocatoria da presidenta, constituirase o tribunal coa asistencia da maioría absoluta dos seus membros, titulares ou suplentes. Na dita sesión, o tribunal acordará todas as decisións que lle correspondan para o correcto desenvolvemento das probas selectivas.

5.6. A partir da súa constitución, o tribunal para actuar validamente requirirá a presenza da maioría absoluta dos seus membros, titulares ou suplentes.

5.7. Dentro da fase de oposición o tribunal resolverá todas as dúbidas que poidan xurdir na aplicación destas normas, así como o que se deberá facer nos casos non previstos.

5.8. O órgano convocante, por proposta do tribunal, poderá dispor a incorporación aos seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes aos exercicios que coide pertinentes, limitándose a prestar a súa colaboración nas súas especialidades técnicas. Os ditos asesores deberán posuír titulación de igual ou superior nivel ca exixida nesta convocatoria. O seu nomeamento farase público e seranlles de aplicación as causas de abstención e recusación, ao igual que aos restantes membros do tribunal.

Así mesmo, o tribunal poderá dispor a incorporación con carácter temporal doutros/as funcionarios/as para colaborar no desenvolvemento do proceso selectivo, tal e como se prevé no artigo 12.4 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

5.9. O tribunal adoptará as medidas precisas para que as persoas aspirantes a que se refire o número 3.2 participen en condicións de igualdade. Para tal efecto, o órgano de selección poderá requirir un informe e, se é o caso, a colaboración dos órganos técnicos da Administración laboral, sanitaria ou de asuntos sociais. Para os efectos de valorar a procedencia da concesión das adaptacións solicitadas, requirirase da persoa aspirante o correspondente certificado ou información adicional. A adaptación non se outorgará de forma automática senón unicamente naqueles casos en que a discapacidade garde relación directa coa proba que se vaia realizar.

5.10. O tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios escritos sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade das persoas aspirantes. O tribunal excluirá aquelas persoas aspirantes que consignen nas follas de exame o seu nome, trazos, marcas ou signos que permitan coñecer a súa identidade.

5.11. En ningún caso o tribunal poderá declarar que superou as probas selectivas un número superior de persoas aspirantes que prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

6. Desenvolvemento dos exercicios.

6.1. A orde de actuación das persoas aspirantes iniciarase alfabeticamente pola primeira da letra K de conformidade co establecido na Resolución do 20 de xaneiro de 2017 da Consellería de Facenda.

6.2. As persoas aspirantes serán convocadas para cada exercicio en único chamamento e serán excluídas da oposición as que non comparezan, agás nos casos de forza maior, debidamente xustificados e considerados polo tribunal.

6.3. En calquera momento as persoas aspirantes poderán ser requiridas polo tribunal para que acrediten a súa identidade.

6.4. A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuarase nos locais onde se realice o primeiro deles, así como na Reitoría da universidade, na páxina web https://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html ou por calquera outro medio que se considere conveniente para asegurar a súa máxima divulgación cunha antelación de, polo menos, 24 horas á sinalada para a súa iniciación.

Para os efectos de cómputo de prazos desta convocatoria, o mes de agosto declárase inhábil.

6.5. Persoas aspirantes con nacionalidade estranxeira.

Con carácter previo á realización dos exercicios da fase de oposición, as persoas aspirantes que non posúan a nacionalidade española deberán acreditar o coñecemento do castelán mediante a realización dunha proba, en que se comprobará que posúen un nivel adecuado de comprensión e expresión oral e escrita nesta lingua.

O contido desta proba axustarase ao disposto no artigo 3 do Real decreto 1137/2002, do 31 de outubro (BOE do 8 de novembro), para acreditar o nivel de competencia lingüística do diploma de español correspondente ao nivel intermedio. A proba cualificarase de apto ou non apto e será necesario obter a valoración de apto para pasar a realizar os exercicios da fase de oposición.

Quedan eximidas de realizar esta proba as persoas aspirantes que acrediten mediante fotocopia compulsada estar en posesión do diploma de español como lingua estranxeira (nivel B2 ou nivel C2) e as persoas estranxeiras nacionais de países cuxo idioma oficial sexa o español. De non achegaren esta documentación, non poderán ser declaradas exentas e deberán, en consecuencia, realizar a proba descrita anteriormente.

6.6. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal ten coñecemento de que algunha das persoas aspirantes carece dos requisitos exixidos por esta convocatoria, logo de audiencia á persoa interesada, deberá propor a súa exclusión ao reitor da USC, comunicándolle tamén as inexactitudes e falsidades formuladas pola persoa aspirante na súa solicitude para os efectos procedentes.

Contra esta exclusión poderase interpor recurso perante a mesma autoridade indicada no parágrafo anterior, no prazo dun mes contado a partir da notificación da exclusión.

7. Listaxe de persoas aspirantes aprobadas.

7.1. Concluído cada un dos exercicios da fase de oposición, o tribunal cualificador fará pública, no lugar ou lugares da súa celebración, na sede do tribunal, na páxina web https://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html e naqueloutros que coide oportunos, a relación de persoas aspirantes que acadaran o mínimo establecido para superalo, con indicación da puntuación obtida e do documento acreditativo da identidade.

7.2. As persoas aspirantes disporán de tres días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da realización de cada exercicio, para presentar reclamacións ás preguntas formuladas polo tribunal no correspondente exercicio.

7.3. Así mesmo, as persoas aspirantes disporán de sete días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación das puntuacións do exercicio correspondente, para presentar reclamacións ás cualificacións.

7.4. A listaxe coa valoración de méritos da fase de concurso farase pública unha vez celebrado o derradeiro exercicio da fase de oposición.

7.5. A cualificación final do concurso-oposición virá determinada pola suma aritmética das puntuacións correspondentes á fase de oposición máis a obtida na fase de concurso de méritos, na forma establecida no anexo I. No caso de empate, a orde de prelación será a seguinte: maior puntuación na fase de oposición, maior puntuación na fase de coñecementos específicos, maior idade e orde alfabética.

7.6. O tribunal fará pública, para cada quenda de acceso, a listaxe das persoas aspirantes que, segundo a orde da puntuación total acadada por cada unha delas, fosen seleccionadas, e que en ningún caso, poderá conter un número de persoas superior que o de prazas convocadas. A dita relación, que será elevada polo tribunal ao reitor da universidade xunto coa proposta de contratación a favor da persoa aspirante que figure nela, será publicada no taboleiro de anuncios da reitoría.

8. Presentación de documentos.

8.1. No prazo de 20 días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que se fixese pública a relación definitiva de persoas aprobadas na Reitoría da universidade, a persoa aspirante que figure nela deberá presentar no Servizo de Planificación e Programación de PAS (Casa da Balconada, Rúa Nova, 6, Santiago de Compostela) a seguinte documentación:

a) Fotocopia compulsada do DNI ou do documento que acredite a súa nacionalidade.

b) Documento que acredite, de ser o caso, a residencia legal en España.

c) Fotocopia compulsada da títulación exixida.

d) Declaración xurada de non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública e de non acharse inhabilitado/a para o exercicio das funcións públicas, nin realizar actividade ou actividades suxeitas a incompatibilidades. As persoas aspirantes de nacionalidade non española deberán acreditar que non están sometidas a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.

e) Certificado médico oficial acreditativo de non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

8.2. Ante a imposibilidade, debidamente xustificada, de presentar os documentos expresados na base anterior, poderá acreditarse que se reúnen as condicións exixidas na convocatoria mediante calquera medio de proba admitido en dereito.

8.3. Quen, dentro do prazo fixado e salvo caso de forza maior, non presentase a documentación ou do seu exame se deducise que carece dalgún dos requisitos sinalados na base 2 non poderá ser contratado/a como persoal laboral fixo e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorrese por falsidade na solicitude inicial.

9. Contratación como persoal laboral fixo.

9.1. Concluído o proceso selectivo, a persoa aspirante que o supere será contratada como persoal laboral fixo. A súa contratación efectuarase no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

9.2. O período de proba será de seis meses, durante os cales o/a traballador/a terá os dereitos e deberes correspondentes ao posto de traballo que desempeñe, agás os derivados da resolución da relación laboral, que poderá producirse por instancia de calquera das partes durante o seu transcurso. Este período de proba non será aplicable a quen estivese xa con anterioridade desenvolvendo as mesmas funcións na USC.

10. Adxudicación do posto de traballo.

10.1. O persoal con discapacidade igual ou superior ao 33 % poderá pedir a adaptación do posto de traballo correspondente. Á solicitude deberá xuntarse un informe expedido polo órgano competente na materia, que acredite a procedencia da adaptación e a compatibilidade co desempeño das funcións que teña atribuídas o posto.

11. Listaxes de espera.

11.1. Elaboraranse listaxes de espera, tanto para promoción interna como para acceso libre, coas persoas aspirantes que superen algún exercicio da fase de oposición distinto do de galego. Para estes efectos e co fin de determinar a opción, as persoas aspirantes indicaran o/os campus de preferencia na epígrafe correspondente da solicitude.

12. Norma derradeira.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2017

Juan M. Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO I

Denominación da praza: médico/a de empresa

O sistema selectivo será o de concurso-oposición e constará das fases, probas e cualificacións que a continuación se indican:

I. Fase de oposición: consistirá na realización dos exercicios que a continuación se indican para as quendas de promoción interna e de acceso libre, agás as exencións previstas na descrición do primeiro e cuarto exercicio.

Todos os exercicios terán carácter obrigatorio e eliminatorio, agás o cuarto que será obrigatorio e non eliminatorio, para as persoas que se presenten pola quenda de acceso libre.

As persoas aspirantes deberán presentarse para a realización de cada proba co DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal. Así mesmo, deberán presentarse provistas do correspondente lapis do nº 2 e goma de borrar para a realización dos exercicios tipo test.

– Primeiro exercicio: estarán exentas de realizar este exercicio as persoas aspirantes que acreditasen documentalmente xunto coa solicitude estar en posesión do certificado Celga 4 ou do certificado de aptitude do curso de perfeccionamento de lingua galega ou certificado de validación das materias de lingua galega, de acordo co previsto na Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento de lingua galega.

Este exercicio terá a seguinte estrutura:

• Primeira proba. Comprensión escrita ou comprensión oral e expresión escrita.

As persoas aspirantes deberán redactar un texto seguindo unhas indicacións que se lles facilitarán por escrito. A elaboración do texto deberá basearse na comprensión dun texto escrito ou na comprensión dun fragmento de audio ou audio-vídeo.

A duración máxima desta proba será de noventa minutos.

• Segunda proba. Comprensión escrita ou comprensión oral e expresión oral.

As persoas aspirantes deberán ler un texto ou escoitar un fragmento de audio ou audio-vídeo e, a seguir, nunha entrevista co examinador, pediráselles que resuman o input e que manteñan un diálogo ao respecto do input recibido, de modo que poida ser avaliada a súa produción oral.

A duración máxima desta proba será de quince minutos por persoa aspirante.

Para superar este exercicio será necesario acadar o resultado de apto.

– Segundo exercicio: consistirá en contestar por escrito a un cuestionario de 120 preguntas tipo test, máis 5 de reserva, con tres respostas alternativas das cales só unha será a correcta, propostas polo tribunal e correspondentes ao bloque de coñecementos específicos que figura no programa que se relaciona no anexo II.

O tempo para a realización deste exercicio será de 125 minutos.

Este exercicio cualificarase de 0 a 30 puntos e para superalo é necesario obter un mínimo do 60 % do total das respostas correctas.

– Terceiro exercicio: consistirá na realización de dous supostos prácticos relacionados co programa específico e as funcións do posto de traballo, elixidos por sorteo entre catro propostos polo tribunal.

O tempo máximo para a realización deste exercicio será de catro horas.

A puntuación deste exercicio será de 0 a 35 puntos. Para aprobar será necesario obter un mínimo de 17,5 puntos.

O tribunal valorará a capacidade de razoamento, a corrección da expresión e a exactitude das respostas.

– Cuarto exercicio: obrigatorio e non eliminatorio. Estarán exentas de realizar este exercicio as persoas aspirantes que se presenten pola quenda de promoción interna.

Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de 30 preguntas tipo test, máis 3 de reserva, con tres respostas alternativas das que só unha será a correcta, propostas polo tribunal e correspondentes ao bloque de coñecementos non específicos do programa.

O tempo para a súa realización será de 40 minutos e valorarase de 0 a 5 puntos.

Antes da realización de cada exercicio o tribunal deberá ter aprobados e publicados os criterios de avaliación e corrección.

Se con base nas reclamacións presentadas se tivese que anular algunha pregunta, teranse en conta as preguntas de reserva.

II. Fase de concurso.

Quenda de promoción interna: máximo 35 puntos.

a) Experiencia: máximo 30 puntos.

• Na mesma categoría ou categoría equivalente nas administracións públicas: valorarase con 0,40 puntos/mes, ata un máximo de 20 puntos. Non se valorará o tempo traballado en categoría superior por atribución temporal de funcións.

• Noutras categorías nas administracións públicas: valorarase con 0,08 puntos/mes, ata un máximo de 10 puntos.

b) Formación: valoraranse cursos de formación dispensados por centros e organismos oficiais e aqueles que estean debidamente homologados e que garden relación coas funcións das prazas convocadas, ata un máximo de 5 puntos, do seguinte xeito:

Cursos de formación relacionados coas prazas:

• Cursos impartidos: 0,03 puntos/hora.

• Cursos de aptitude recibidos: 0,02 puntos/hora.

• Cursos de asistencia recibidos: 0,01 puntos/hora.

Cursos de formación de lingua galega:

• Celga 5: 0,75 puntos.

• Outros cursos de galego impartidos: 0,03 puntos/hora.

• Outros cursos de galego con aptitude: 0,02 puntos/hora.

• Outros cursos de galego con asistencia: 0,01 puntos/hora.

Cando existan distintos niveis do mesmo curso, só se valorará o de maior nivel. Os celgas valoraranse a partir do nivel superior ao exixido na convocatoria para o acceso.

Nos cursos en que non figure o número de horas, a puntuación farase polo mínimo de 10 horas.

Quenda de acceso libre: máximo 30 puntos.

a) Experiencia: máximo 25 puntos.

• Na mesma categoría ou categoría equivalente na USC: valorarase a 0,40 puntos/mes.

• Na mesma categoría ou categoría equivalente noutras administracións públicas: valorarase a 0,10 puntos/mes.

• Noutras categorías da USC: valorarase a 0,10 puntos/mes.

b) Formación: valorarase igual que para promoción interna, ata un máximo de 5 puntos.

Para a valoración da experiencia acreditada en categorías equivalentes noutras administracións públicas prevista na fase de concurso e para a baremación das listaxes de espera, as dúbidas que xurdan serán resoltas por unha comisión composta por dous representantes da Xerencia e dous en representación do Comité Intercentros. Esta comisión intervirá por petición do tribunal ou da unidade encargada da baremación das listaxes e poderá solicitar información complementaria ás persoas aspirantes en relación coas funcións e tarefas das categorías en cuestión, co fin de adoptar os acordos que procedan.

ANEXO II

Denominación da praza: médico/a de empresa

Programa

Coñecementos específicos:

1. Marco xurídico da prevención de riscos laborais en España. O Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo. A Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo.

2. Dereitos e deberes do traballador e do empresario en materia de prevención de riscos laborais. Coordinación de actividades empresariais en materia de prevención. Consulta e participación dos traballadores en materia de seguridade e saúde laboral. Os delegados de prevención. O Comité de Seguridade e Saúde.

3. Regulamento dos servizos de prevención. A avaliación dos riscos laborais. A planificación da prevención. Plan de prevención de riscos laborais. Características e funcións dun servizo de prevención. Organización de recursos para as actividades preventivas e as súas diferentes modalidades.

4. Acreditación de entidades especializadas como servizos de prevención alleos ás empresas. Integración da actividade preventiva na empresa. Política e organización da prevención na Universidade de Santiago de Compostela.

5. A auditoría en prevención: A obriga empresarial de someter o seu sistema de prevención a unha auditoría externa. Aplicación á Administración pública. Requisitos e autorización pola autoridade laboral das entidades especializadas na realización de auditorías. Outros sistemas de auditoría. Responsabilidades e sancións en relación coa prevención. Actuacións da inspección de traballo e Seguridade Social. As disposicións concretas nesta materia da Lei de prevención de riscos laborais e da Lei de infraccións e sancións na orde social.

6. Valoración das incapacidades laborais: conceptos xerais. Os diversos tipos de incapacidade. Valoración da incapacidade laboral. Estrutura dos informes de incapacidade. Sistemas de codificación. Certificación e tramitación de procesos de incapacidade. Estándares de duración. Entidades xestoras e colaboradoras. Equipo de valoración de incapacidades (EVI). Valoración da situación de minusvalidez. Lexislación.

7. A Lei de prevención de riscos laborais en relación coa protección da maternidade e dos traballadores especialmente sensibles. O Real decreto 298/2009, do 6 de marzo, polo que se modifica o Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención, en relación coa aplicación de medidas para promover a mellora da seguridade e saúde no traballo da muller embarazada, que teña dado a luz ou en período de lactación. A valoración do risco laboral durante o embarazo e lactación. Medidas preventivas fronte a riscos específicos. Traballadores especialmente sensibles, incluídos traballadores con discapacidades e/ou minusvalidez.

8. Conceptos de saúde. Vixilancia da saúde: concepto, obxectivos e bases legais. Vixilancia da saúde individual e colectiva. Instrumentos da vixilancia da saúde. Exames médicos dirixidos ao risco laboral. Historia médico-laboral. Protocolos de vixilancia sanitaria específica.

9. Promoción da saúde e educación para a saúde no medio laboral. Planificación sanitaria, programas de saúde e a súa avaliación. Vacinacións recomendadas a adultos. Reaccións adversas, efectos secundarios e contraindicacións. Calendario de vacinacións sistemáticas. Vacinacións recomendadas no medio laboral.

10. Psicoloxía médica e psiquiatría laboral: exploración médico-psicolóxica: entrevista clínica. Tests mentais (psicometría e psicodiagnóstico). Escalas e cuestionarios de avaliación. Trastornos de personalidade e traballo. Trastornos ansiosos e depresivos no medio laboral. O alcoholismo e outras condutas aditivas no medio laboral. A reinserción e manexo do paciente psiquiátrico no medio laboral.

11. Estatística: definicións fundamentais. Estatística descritiva e inferencial. Tipos de variables. Parámetros. Conceptos xerais de probabilidade. Teorema de Bayes. Distribucións de probabilidade. Estatística descritiva. Medidas de tendencia central, de dispersión e de posición. Modalidades de mostraxe. Probas de hipóteses. Hipótese nula e alternativa. Potencia dunha proba. Probas de conformidade. Probas de homoxeneidade. Probas de independencia. Correlación e regresión. Aplicacións prácticas en medicina do traballo.

12. Epidemioloxía laboral: conceptos xerais e funcións. Interrelacións entre factores causais, hóspede e medio. Epidemioloxía descritiva. Epidemioloxía analítica. Estudos retrospectivos. Estudos transversais. Estudos prospectivos. Estudos experimentais. Sistema de vixilancia epidemiolóxica. Enfermidades de declaración obrigatoria. Sistemas de información en saúde laboral.

13. Danos derivados do traballo: accidentes de traballo, enfermidades relacionadas co traballo e enfermidades profesionais. Conceptos. Clasificación. Caracteres propios da patoloxía profesional. Marco normativo. Relación vixente de enfermidades profesionais. Análise do seu contido. Recoñecemento legal das enfermidades profesionais e as súas implicacións. Absentismo laboral. Lexislación. Índices estatísticos.

14. Toxicoloxía xeral: epidemioloxía. Marcadores biolóxicos. Frecuencia das principais intoxicacións. Etioloxía. Grandes síndromes tóxicos. Valoración da gravidade dun intoxicado agudo. Patoloxía dixestiva, respiratoria, cardiocirculatoria, hemática, renal, hepática e neurolóxica de orixe tóxica. Outros síndromes tóxicos. Terapéutica xeral das intoxicacións. Principais técnicas de prevención.

15. Patoloxía profesional por metais: risco e patoloxía. Clínica. Industrias que os empregan. Normas de prevención. Parte descritiva: antimonio, berilio, bismuto, cadmio, cobalto, cromo, estaño, manganeso, mercurio, níquel, chumbo, talio, vanadio. Os antigos metaloides: arsénico, fósforo e outros metais.

16. Patoloxía por hidrocarburos lineais (HL): hidrocarburos lineais puros: metano, butano, hexano. Derivados haloxenados de HL: cloroformo, tetracloruro de carbono, cloruro de vinilo; outros compostos clorados. Bromuro de metilo. Fluorocarbonos. Derivados de substitución funcional de HL: alcois, metanol, glicois, aldehidos e cetonas; outros derivados de oxidación. Isocianato de metilo.

17. Patoloxía por hidrocarburos cíclicos (HC): benceno. Hidrocarburos policíclicos antracénicos (HPA). Derivados clorados de HC: praguicidas, PCB. Derivados de substitución funcional. Nitroderivados. Aminoderivados: anilinas. Outros derivados: tolueno, xilol, etc.

18. Patoloxía por praguicidas: conceptos xerais. Estado actual do seu uso. Normativas. Praguicidas órgano-clorados. DDT-DDE: a súa presenza no medio, impregnación humana. Hexaclorobenceno (HCB). Hexaclorociclohexano (HCH). Bifenilos policlorados (PCB). Praguicidas órgano-fosforados: principais compostos, indicacións e precaucións de uso. Carbamatos. Riscos do Paraquat. Outros praguicidas.

19. Patoloxía por outros agresivos químicos: monóxido de carbono. Oxicloruro de carbono. Ácido cianhídrico e cianuros. Ácido sulfídrico. Ácidos inorgánicos: efectos cáusticos. Sales de ácidos inorgánicos. Halóxenos: bromo, cloro, flúor, iodo e os seus compostos. Óxidos de xofre. Amoníaco. Nanopartículas. Radon.

20. Patoloxía profesional por axentes físicos: patoloxía por radiacións ionizantes. Patoloxía por electricidade. Patoloxía por vibracións. Patoloxía por ruído. Valoración da calor e do frío como axentes de patoloxía profesional. Patoloxía relacionada con traballos no medio hiperbárico.

21. Patoloxía profesional por axentes biolóxicos: enfermidades víricas transmitidas no traballo e no medio sanitario: hepatite, SIDA. Tuberculose. Enfermidades parasitarias. Enfermidades infecciosas emerxentes.

22. Patoloxía profesional do aparello respiratorio: principais pneumoconioses. Silicose. Silicotuberculose. Outras pneumoconioses. Afeccións broncopulmonares producidas por pos de metais duros. Asma profesional: probas para a súa detección e principais axentes. Asbestose.

23. Patoloxía profesional dermatolóxica: dermatite de contacto. Principais sensibilizantes: metais (cromo, níquel), corantes. Dermatite por gomas e derivados; plásticos e resinas sintéticas. Outros riscos. Patoloxía cutánea por actividades: metalurxia, artes gráficas, profesións sanitarias, etc.

24. Patoloxía profesional sistémica: patoloxía tumoral hepática, do aparello respiratorio, do aparello urinario, hemática, ósea, cutánea… Principais axentes canceríxenos implicados.

25. Patoloxía médico-cirúrxica laboral: concepto de patoloxía cirúrxica laboral. Exploración clínica en cirurxía. Shock traumático. Queimaduras e conxelacións. Lesións por electricidade e radiación. Lesións traumáticas nerviosas periféricas. Traumatismos torácicos. Traumatismos cranioencefálicos. Traumatismos abdominais. Oftalmoloxía laboral. Otorrinolaringoloxía laboral.

26. Traumatoloxía laboral: concepto. Exploración clínica e medios auxiliares de diagnóstico. Atención inmediata, transporte e evacuación de lesionados graves. Fracturas e luxacións: conceptos xerais e tratamento xeral das lesións traumáticas. Lesións traumáticas da cintura escapular, brazo, cóbado, antebrazo, pulso e man. Lesións traumáticas da pelve, cadeira, coxas, xeonllo, perna, nocello e pé. Traumatismos vertebrais. Trastornos musculoesqueléticos. Neuropatías por presión. Lumbalxias.

27. Estudo do dano corporal. Aspectos xurídicos. Lexislación. Formas específicas de valoración do dano nas diversas rexións anatómicas. Baremos: os seus tipos. Análises dos factores que se valoran. Peritaxes. Estrutura do informe técnico sobre dano corporal: principais puntos que debe ter en conta. Ética da peritaxe.

28. Patoloxía médica non laboral: enfermidades do sistema nervioso central e periférico. Enfermidades oculares. Enfermidades otorrinolaringolóxicas. Enfermidades do aparello dixestivo. Enfermidades osteomusculares. Enfermidades da pel. Enfermidades xenito-urinarias. Enfermidades respiratorias. Enfermidades cardiovasculares. Enfermidades hematolóxicas. Enfermidades infecciosas.

29. Situacións de risco grave e inminente. Socorrismo e primeiros auxilios no medio laboral. Regulación, planificación e recursos. Soporte vital básico.

30. Seguridade no traballo: concepto e obxectivos. Investigación e análise dos accidentes. Avaliación xeral dos riscos de accidentes. Normas e sinalización de seguridade. Protección colectiva e individual. Plans de emerxencia e autoprotección. Máquinas, equipamentos, instalacións e ferramentas. Lugares e espazos de traballo. Risco eléctrico. Risco de incendios. Risco de explosións. Manipulación e almacenamento de produtos químicos. Seguridade na construción. Inspeccións de seguridade. Medidas preventivas de eliminación e redución de riscos. Organización da seguridade na empresa. Organización de plans de emerxencia e evacuación de centros de traballo.

31. Hixiene industrial: concepto e obxectivos. Criterios de valoración da presenza de tóxicos no ambiente. Valores TLV, VLA, outros sistemas. Normativa legal na Unión Europea. Medición de contaminantes químicos. Enquisa hixiénica. Control de contaminantes. Axentes químicos. Axentes físicos. Axentes biolóxicos.

32. Hixiene ambiental: concepto e obxectivos. Marco normativo ambiental. Contaminación atmosférica, da auga, do chan, da flora, da fauna e enerxética. Factores de risco ambiental e a súa repercusión sobre a saúde. Papel da educación para a saúde na contaminación ambiental. Ambiente e industria. Efectos ambientais das actividades industriais. A xestión ambiental na empresa. Xestión de residuos. Auditoría do sistema de xestión ambiental.

33. Ergonomía e psicosocioloxía: concepto, obxectivos, desenvolvemento histórico e marco xurídico da ergonomía. Métodos de análise en ergonomía. Concepción e deseño físico do posto de traballo. Carga física de traballo. Estudo ergonómico dos postos de traballo. Carga mental de traballo. Factores psicosociais no traballo. A organización e a empresa. Estrés laboral e burnout. Acoso psicolóxico no traballo.

34. Protocolo de prevención e resolución de procesos de acoso psicolóxico nas relacións laborais da Universidade de Santiago de Compostela. Protocolo de prevención e actuación fronte ao acoso sexual e/ou acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade de xénero da Universidade de Santiago de Compostela.

35. Dereito sanitario, deontoloxía e bioética: dereitos e deberes dos profesionais sanitarios. Dereitos e deberes dos pacientes. O segredo médico: regulación legal e deontoloxía. O dereito da confidencialidade. A relación médico-paciente. O acto médico. A información e o consentimento en medicina do traballo. O consentimento informado. Lei de protección de datos. Problemas médico-legais e deontolóxicos derivados do exercicio profesional da medicina do traballo. Responsabilidade profesional.

36. Real decreto 486/1997, do 14 de abril, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo. Guía técnica do Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo para a avaliación e prevención dos riscos relativos á utilización de lugares de traballo.

37. Real decreto 487/1997, do 14 de abril, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde relativas á manipulación manual de cargas. Guía técnica do Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo para a avaliación e prevención dos riscos relativos á manipulación manual de cargas.

38. Real decreto 773/1997, do 30 de maio, sobre disposicións mínimas de seguridade e saúde relativas á utilización polos traballadores de equipamentos de protección individual. Guía técnica do Instituto de Seguridade e Hixiene no Traballo para a avaliación e prevención dos riscos para a utilización polos traballadores no traballo de equipamentos de protección individual.

39. Real decreto 664/1997, do 12 de maio, sobre a protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes biolóxicos durante o traballo. Guía técnica do Instituto de Seguridade e Hixiene no Traballo para a avaliación e prevención dos riscos relacionados coa exposición de axentes biolóxicos.

40. Real decreto 665/1997, do 12 de maio, sobre a protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes canceríxenos durante o traballo. Guía técnica do Instituto de Seguridade e Hixiene no Traballo para a avaliación e prevención dos riscos relacionados coa exposición durante o traballo a axentes canceríxenos e mutáxenos.

41. Real decreto 374/2001, do 6 de abril, sobre a protección da saúde e a seguridade dos traballadores contra os riscos relacionados cos axentes químicos durante o traballo. Guía técnica do Instituto de Seguridade e Hixiene no Traballo para a avaliación e prevención dos riscos relacionados con axentes químicos.

42. Real decreto 286/2006, do 10 de marzo, sobre a protección da saúde e seguridade dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición ao ruído. Guía técnica do Instituto de Seguridade e Hixiene no Traballo para a avaliación e prevención dos riscos relacionados coa exposición dos traballadores ao ruído.

43. Real decreto 488/1997, do 14 de abril, sobre disposicións mínimas de seguridade e saúde relativas ao traballo que inclúe pantallas de visualización. Guía técnica do Instituto de Seguridade e Hixiene no Traballo para a avaliación e prevención dos riscos relativos á utilización de equipamentos con pantallas de visualización.

Coñecementos non específicos:

1. A Constitución española de 1978: estrutura e contido. Dereitos e liberdades. A súa garantía e suspensión. O Defensor do Pobo. O Tribunal Constitucional.

2. O acto administrativo. Requisitos e eficacia dos actos administrativos. Nulidade e anulabilidade dos actos administrativos.

3. O procedemento administrativo común. Iniciación, ordenación, instrución e finalización. A revisión dos actos en vía administrativa.

4. Os recursos administrativos.

5. A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades.

6. Texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: clases de persoal ao servizo das administracións públicas. Dereitos e obrigas. Código de conduta do empregado público.

7. Texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores: dereitos e deberes laborais básicos. Clasificación profesional e promoción no traballo. Mobilidade funcional e xeográfica. Dos dereitos de representación colectiva e de reunión dos traballadores na empresa. Da negociación dos convenios colectivos.

8. O Convenio colectivo para o persoal laboral da USC.

9. Estatutos da USC (1): órganos de goberno unipersoais e colexiados. O persoal de administración e servizos.

10. Estatutos da USC (2): réxime económico e a programación plurianual.

11. Estrutura das ensinanzas universitarias oficiais. As ensinanzas universitarias oficiais: grao, máster e doutoramento.

12. Lei de prevención de riscos laborais: dereitos e obrigas.

13. Dereitos e deberes lingüísticos na USC.

14. Políticas públicas para a igualdade efectiva de homes e mulleres.

15. A calidade na universidade española. Organismos que xestionan a mellora da calidade nas universidades. Instrumentos utilizados para a xestión, mellora e avaliación da calidade universitaria: conceptos básicos.

Nota: as referencias normativas deste programa poden verse afectadas polas modificacións que se produzan ata a data do exame e nese caso deben entenderse referidas á lexislación en vigor.

ANEXO III

Denominación da praza: médico/a de empresa

– Tribunal titular:

Presidenta:

María del Carmen Pardiñas Añón, persoal laboral fixo da USC.

Vogais:

María Ángeles Sandar Picado, persoal laboral fixo da USC.

Alejandra Martínez Maquieira, persoal laboral fixo da USC.

José Ramón Bahamonde Hernando, persoal laboral fixo da USC.

Secretario:

José Manuel Caamaño Jerez, funcionario de carreira da USC, que actuará con voz e voto.

– Tribunal suplente:

Presidenta:

Ana María Bermejo Barrera, catedrática de universidade da USC.

Vogais:

María Victoria Lareu Huidrobo, catedrática de universidade da USC.

Verónica Piñeiro Gómez, persoal laboral fixo da USC.

Roberto David Castro Sieiro, persoal laboral fixo da USC.

Secretaria:

Ana María Domínguez Gigirey, funcionaria de carreira da USC, que actuará con voz e voto.

missing image file