1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: servizo.
b) Descrición do obxecto: o obxecto desta contratación é o desenvolvemento e execución de diversos servizos de apoio á Axenda dixital de Galicia: Plan de difusión e dinamización do desenvolvemento dixital de Galicia mediante actuacións de divulgación das iniciativas tecnolóxicas no marco da Axenda dixital de Galicia que contribúan ao coñecemento e aproveitamento destas por parte da sociedade galega, e servizo de soporte e asesoramento especializado en normas técnicas e estándares para o desenvolvemento da Administración dixital.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es
d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.
e) Data de publicación do anuncio de licitación:
DOG: 14.2.2017.
3. Tramitación e procedemento.
a) Procedemento: aberto.
b) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.
4. Valor estimado do contrato: 207.900,00 €.
5. Orzamento base de licitación: 207.900,00 € máis 43.659,00 €, que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 251.559,00 € (douscentos cincuenta e un mil cincocentos cincuenta e nove euros).
6. Formalización do contrato.
a) Data de adxudicación: 10.5.2017.
b) Data de formalización do contrato: 18.5.2017.
c) Contratista: Estrategia y Organización, S.A.
d) Importe de adxudicación: 178.773,21 € (IVE excluído).
Santiago de Compostela, 19 de maio de 2017
Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia