Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 2 de xuño de 2017 Páx. 26936

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2017 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de soporte das plataformas corporativas de arquitecturas orientadas a servizos (SOA) da Xunta de Galicia (expediente 63/2016).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: o obxecto desta contratación é contar cos servizos de soporte ante incidencias, soporte ás actualizacións da plataforma e soporte á implantación da plataforma SOA da Xunta de Galicia, basada en software WSO2.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 9.11.2016.

DOUE: 8.11.2016.

BOE: 17.11.2016.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto, harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

4. Valor estimado do contrato: 347.107,44 €.

5. Orzamento base de licitación: 115.702,48 €, máis 24.297,52 €, que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 140.000,00 € (cento corenta mil euros).

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 31.3.2017.

b) Data de formalización do contrato: 16.5.2017.

c) Contratista: Altia Consultores, S.A.

d) Importe de adxudicación: 103.898,00 € (IVE excluído).

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia