Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 2 de xuño de 2017 Páx. 26932

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2017 pola que se fai pública a formalización dos contratos administrativos de execución das obras públicas hidráulicas que se citan, non suxeitos a regulación harmonizada, cofinanciadas nun 75 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020.

Europa Inviste y Ministerio Agricultura gallego (nuevo).pdf

A Dirección de Augas de Galicia como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012 de delegación de competencias ditada pola Presidencia da entidade e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto do ente público, contratou as seguintes actuacións:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: contratación.

Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.gal e desde a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://augasdegalicia.xunta.gal/.

Tipo de contrato: obra.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.

Valor estimado do contrato: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.

Vantaxe da oferta do adxudicatario: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos cales se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia ás dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

2. Obxecto dos contratos: obra.

a) Descrición: mellora do abastecemento de auga aos núcleos da parroquia de San Martiño. Verea (Ourense).

Número de expediente: OH.232.805.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232150-8.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 158, do 23 de agosto de 2016.

Orzamento base de licitación: importe neto: 71.946,36 euros. Importe total: 87.055,10 euros.

Data de adxudicación: 7 de abril de 2017.

Importe de adxudicación: importe neto: 56.571,45 euros. Importe total: 68.451,45 euros.

Data de formalización do contrato: 5 de maio de 2017.

Contratista: UTE-Vipeca Obras y Servicios, S.L. & Construcciones y Promociones Cruzval, S.L.

b) Descrición: abastecemento de auga a Corvelle. Bande (Ourense).

Número de expediente: OH.232.806.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232150-8.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 158, do 23 de agosto de 2016.

Orzamento base de licitación: importe neto: 82.386,28 euros. Importe total: 99.687,40 euros.

Data de adxudicación: 7 de abril de 2017.

Importe de adxudicación: importe neto: 64.500,00 euros. Importe total: 78.045,00 euros.

Data de formalización do contrato: 5 de maio de 2017.

Contratista: Orvi Infraestructuras, S.L.

c) Descrición: abastecemento a Restande e Monzo. Fase II. Trazo (A Coruña).

Número de expediente: OH.215.1055.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232150-8.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 158, do 23 de agosto de 2016.

Orzamento base de licitación: importe neto: 321.255,63 euros. Importe total: 388.719,31 euros.

Data de adxudicación: 24 de abril de 2017.

Importe de adxudicación: importe neto: 243.100,00 euros. Importe total: 294.151,00 euros.

Data de formalización do contrato: 5 de maio de 2017.

Contratista: Construcciones Ramón Vázquez y Reino, S.L.

3. Cofinanciamento da Unión Europea.

As actuacións referidas no punto 2) anterior están cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 % do gasto elixible, no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) Galicia 2014-2020. As actuacións enmárcanse dentro do Programa de desenvolvemento rural na medida 07: servizos básicos e renovación de poboacións en zonas rurais. Submedida 7.2: apoio aos investimentos na creación, mellora ou ampliación de todo tipo de pequenas infraestruturas, incluídos os investimentos en enerxías renovables e aforro de enerxía. Prioridade 6 de desenvolvemento rural: fomentar a inclusión social, a redución da pobreza e o desenvolvemento económico nas zonas rurais. Europa inviste no rural.

O 25 % restante do gasto elixible será cofinanciado por Augas de Galicia nun 17,50 % e polo Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente nun 7,50 %.

4. Outras informacións.

As adxudicacións dos citados contratos, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foron debidamente notificadas aos licitadores e publicadas no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2017

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia