Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 2 de xuño de 2017 Páx. 26940

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2017 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de desenvolvemento de novas funcionalidades, soporte e mantemento da plataforma tecnolóxica específica asociada ao servizo 065 (expediente 2017/PA/0057).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 2017/PA/0057.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo de desenvolvemento de novas funcionalidades, soporte e mantemento da plataforma tecnolóxica empregada para a prestación do Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal para persoas con discapacidade e ou dependentes, coñecido coma servizo de transporte adaptado 065.

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de 12 meses que se contarán a partir da data de formalización do contrato.

d) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: tramitación ordinaria.

b) Procedemento:procedemento aberto.

4. Valor estimado: 201.756,21 € (sen IVE).

5. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 67.252,07 € máis 14.122,93 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 81.375,00 €, que se distribúe nas seguintes anualidades:

2017: 16.813,02 € + IVE (3.530,73 €) = 20.343,75 €.

2018: 50.439,05 € + IVE (10.592,20 €) = 61.031,25 €.

Total: 67.252,07 € + IVE (14.122,93 €) = 81.375,00 €.

6. Garantía provisional: non se exixe.

7. Obtención da documentación e da información.

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=167303.

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

8. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia e clasificación: véxase o apartado N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación:o prazo de admisión de proposicións rematará o día que resulte de contar quince (15) días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo fose festivo ou inhabil, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

• Entidade: Rexistro da Amtega.

• Enderezo: Edificio CINC, Monte Gaiás, s/n.

• Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no apartado 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

10. Apertura das ofertas.

O lugar, día e hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

11. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados no apartado K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia