Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 1 de xuño de 2017 Páx. 26615

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se someten a información pública para autorización administrativa previa e aprobación do estudo de impacto ambiental as instalacións do parque eólico experimental NED (2 MW) e a súa liña eléctrica de evacuación de media tensión (20 kV), no concello da Pastoriza (Lugo), promovido por Norvento Energía Distribuida, S.L.

Primeiro. Con data do 23.12.2016 a empresa Norvento Energía Distribuida, S.L. presentou ante esta dirección xeral solicitude de autorización administrativa previa e aprobación do estudo de impacto ambiental do parque eólico experimental NED (2 MW) e a súa liña eléctrica de evacuación de media tensión (20 kV).

Segundo. Con data do 24.1.2017 a empresa Norvento Energía Distribuida, S.L. solicitou ante esta dirección xeral o recoñecemento de parque eólico experimental con alto compoñente en I+D+i para o parque eólico experimental NED (2 MW).

Terceiro. Con data do 22.2.2017 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas emitiu resolución pola que se recoñece a condición de parque eólico experimental con alto compoñente en I+D+i ao parque eólico experimental NED (2 MW).

Cuarto. En cumprimento do disposto no Decreto 30/2011, do 17 de febreiro, polo que se establece o procedemento para a autorización de parques eólicos experimentais con alto compoñente de I+D+i na Comunidade Autónoma de Galicia, na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o fondo de compensación ambiental, na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e tendo en conta o establecido na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, sométese a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e a aprobación do estudo de impacto ambiental, formulada por Norvento Energía Distribuida, S.L. e recollida no punto primeiro desta resolución, para as instalacións que a seguir se describen:

Peticionaria: Norvento Energía Distribuida, S.L.

Enderezo social: rúa Aller Ulloa, Ramón María nº 23, 27003 Lugo.

Situación: Concello da Pastoriza (Lugo).

Área de desenvolvemento eólico (ADE): I-2-6 (A Pastoriza).

Poligonal de delimitación do parque (datum ETRS89, fuso 29):

Vértice

UTM-X

UTM-Y

1

628.250

4.798.500

2

629.090

4.798.500

3

629.090

4.798.970

4

629.680

4.798.970

5

629.680

4.799.900

6

628.250

4.799.900

Posicións dos aeroxeradores (datum ETRS89, fuso 29):

Nº aero

UTM-X

UTM-Y

NED01

628.703

4.799.332

NED02

628.833

4.799.255

NED03

628.902

4.799.131

NED04

629.059

4.799.138

NED05

628.515

4.799.471

Posicións das torres meteorolóxicas (datum ETRS89, fuso 29):

Nº torre

UTM-X

UTM-Y

TM_01

628.765

4.799.301

TM_02

628.986

4.799.033

TM_03

628.593

4.799.380

Potencia nominal máxima que se vai instalar: 2 MW.

Produción: 4.900 MWh/ano.

Horas equivalentes: 2.450 heq.

Orzamento de execución material: 2.103.349,16 €.

Orzamento de execución por contrata: 2.502.985,50 €.

As características técnicas principais das instalacións de xeración, transformación e interconexión do parque eólico experimental NED e da súa liña eléctrica de evacuación son as seguintes:

– Parque eólico experimental NED (2 MW).

• 5 aeroxeradores Norvento Energía Distribuida (NED) de entre 100 kW e 700 kW de potencia nominal unitaria, cunha altura de buxa de ata 60 metros e cun diámetro de rotor de ata 60 metros.

• Rede colectora en baixa tensión con condutor tipo Al XZ1 0,6/1 kV e en media tensión mediante condutor tipo Al RHZ1 2OL 12/20 kV.

• Centro de interconexión con instalación en baixa e en media tensión, cun transformador trifásico de illamento seco, potencia máxima de 800 kVA e relación de transformación 20/0,4 kV, e cos correspondentes equipamentos de control, comunicacións, servizos auxiliares, medida e protección.

• 3 torres meteorolóxicas.

– Liña eléctrica de evacuación de media tensión (20 kV).

• Liña eléctrica de evacuación de 20 kV de tensión e 3.568 m de lonxitude total, ata o punto de interconexión coa rede de distribución eléctrica, dividida en:

* Un primeiro tramo subterráneo de simple circuíto con orixe no centro de interconexión do P.E. experimental NED e final no primeiro apoio de paso aéreo a subterráneo (P.A.S.). A lonxitude deste tramo será de 240 m e empregarase cable RHZ1 2OL 12/20 kV tendido baixo tubo.

* Un segundo tramo aéreo de simple circuíto desde o primeiro apoio P.A.S. ata o último apoio 17 P.A.S, de 3.088 metros, executado mediante apoios metálicos de celosía monobloque cun condutor por fase tipo LA-56 e illadores de vidro temperado U-70-BS. A configuración dos brazos dos apoios será en disposición triangular e permitirá o tendido dun cable de fibra óptica tipo AUT NKF 8-16.

* Un terceiro tramo subterráneo de simple circuíto desde o apoio 17 P.A.S. ata o punto de conexión, de 240 m de lonxitude, con cable RHZ1 2OL 12/20 kV tendido baixo tubo.

• Centro de repartición para o reforzo da rede de distribución e permitir a conexión á rede de distribución no punto de conexión, formado por celas prefabricadas de 20 kV illadas en SF6 con In=400A e Icc=16kA, os relés de protección e control asociados.

Constitúen o obxecto da información pública os seguintes documentos:

• Anteproxecto das instalacións descritas.

• Estudo de impacto ambiental.

O que se fai público para coñecemento xeral e para que os interesados poidan examinar o anteproxecto e presentar as obxeccións ou alegacións que consideren oportunas na Dirección Xeral de Enerxía e Minas (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5-4º andar, 15781 Santiago de Compostela), na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo (rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo), e no Concello da Pastoriza (Lugo), no prazo de 30 días contados a partir da última publicación desta resolución.

Para idénticos efectos, e durante o mesmo prazo, o estudo de impacto ambiental poderá ser examinado nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela), nas xefaturas territoriais das consellerías de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, e Economía, Emprego e Industria de Lugo (rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo), e nas dependencias do Concello da Pastoriza (Lugo).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos determinados polos artigos 44 e 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando os interesados sexan descoñecidos, non se saiba o lugar ou o medio de notificación, ou ben cando, intentada a notificación, non se puido realizar.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2017

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas