Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 1 de xuño de 2017 Páx. 26612

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 8 de maio de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Zas (expediente IN407A 2015/167-1).

Expediente: IN407A 2015/167-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: modificación 1 do proxecto de recuamento LMT VIM-802, lugar de San Tirso.

Concello: Zas.

Características técnicas:

Retensamento tramo liña eléctrica de media tensión aérea VIM-802, entre os apoios nº 64-20-24 e nº 64-20-25 (actuación nº 1), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,097 km, con orixe no apoio nº 64-20-24 existente da LMT VIM-802, no tramo entre a derivada ao CT Orbellido II (expte.: 50,294) e a derivada ao CT Couto (expte.: 50,804), condutor tipo LA-30 mm2 (existente), e final no apoio nº 64-20-25 que se intercalará na LMT VIM-802, no tramo entre a derivada ao CT Orbellido e a derivada ao CT Couto.

Tramo de liña eléctrica de media tensión aérea VIM-802, entre os apoios nº 64-20-26-1 e nº 64-20-26 (actuación nº 2), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,041 km, con orixe no apoio nº 64-20-26-1 que substitúe o existente da LMT VIM-802, no tramo da derivada ao CT Couto, condutor tipo LA-30 mm2, e final no nº 64-20-26 proxectado que substitúe o existente da LMT VIM-802, apoio onde actualmente se realiza o entroncamento da derivada ao CT Couto.

Liña de media tensión soterrada, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,220 km, con orixe no paso aéreo a subterráneo que se vai realizar no apoio nº 64-20-25 proxectado para intercalar na LMT VIM-802, no tramo entre a derivada ao CT Orbellido II e a derivada ao CT Couto, en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV-1×240 Al, e final no paso de subterráneo a aéreo que se realizará no apoio nº 64-20-26-1 proxectado que substitúe o existente da LMT VIM-802, no tramo da derivada ao CT Couto.

Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria expropiación figuran no anexo que se xunta a este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

Así mesmo, para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre predios afectados sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puido practicar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 8 de maio de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2015/167-1

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: modificación 1 do proxecto de recuamento LMT VIM-802, lugar de San Tirso.

Concello: Zas.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

Número de predio: 4.

Paraxe: Prado do Cura.

Cultivo: labradío.

Propietario: Manuel Blanco Lage.

Afección de solo en pleno dominio: apoio núm 25+PAS – 12.0 m2.

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica:

– Metros lineais subterráneos, 6.0.

– Metros cadrados subterráneos: 18.0.