Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 1 de xuño de 2017 Páx. 26598

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 16 de maio de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se lle notifica á persoa interesada o requirimento de documentación no expediente PR905A 2017/46.

Intentada a notificación do requirimento por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondentes expediente, este foi devolto polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícaselle o requirimento de documentación á persoa interesada.

A persoa interesada poderá coñecer o texto íntegro do requirimento nas dependencias da Secretaría Xeral da Emigración, praza de Mazarelos, número 15, 15703 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Así mesmo, tamén se lle comunica á persoa interesada que, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se non se presenta a documentación que se lles require, no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta notificación no BOE, se terá por desistida na súa solicitude, logo da correspondente resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da devandita lei.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2017

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Expediente: PR905A 2017/46.

Interesada: Mª de los Reyes Carlota Vázquez Saavedra.

Acto notificado: requirimento de documentación relativa á solicitude de axuda presentada ao abeiro da Resolución do 6 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.