Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 1 de xuño de 2017 Páx. 26597

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución de arquivamento das solicitudes de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente AC-2016/00192 e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 42 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo o arquivamento da súa solicitude de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ser posible a súa notificación por correo certificado. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Os expedientes relacionados atópanse á disposición dos interesados para que, de ser o caso, poidan consultalos na Xefatura Territorial da Coruña, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña.

Contra esta resolución, que no esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Logo de transcorrer o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, a resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

A Coruña, 4 de maio de 2017

María Barreiro Lázare
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Nome e apelidos

NIF/NIE/pasaporte

AC-2016/00192

Diego Nimo Viñas

Nelcy Sinisterra Tobar

53483818D

Y0962961B

AC-2016/00295

David Gabriel Salvador Soto

Magdalena Prau Bergas

32735219D

43213050Y

AC-2016/00355

Verónica Navas Moldón

Miguel Pita Servia

77329563K

32683899W

AC-2016/00632

Hillaris Sotiris Cáceres Palacios

Juan Jesús Carro Acitores

AR290764

76323695N