Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 1 de xuño de 2017 Páx. 26600

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 3 de maio de 2017, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, de alleamento polo procedemento de poxa pública duns bens inmobles situados no concello de Lalín.

Ás 11.00 horas do día 5 de xullo de 2017 terá lugar no salón de actos número 2 da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Publicas e Xustiza, situado no Edificio Administrativo San Caetano, en Santiago de Compostela, perante a mesa presidida pola secretaria xeral técnica e do Patrimonio, coa asistencia dun letrado da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, un representante da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e un funcionario da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, que actuará como secretario, primeira, segunda e terceira poxa pública dos seguintes lotes de bens inmobles patrimoniais da Comunidade Autónoma de Galicia, cuxo alleamento foi acordado mediante a Orde da Consellería de Facenda do 28 de abril de 2017:

• Lote 1.

– Urbana. Parcela de 8.912,90 m2 situada no polígono industrial de Botos, concello de Lalín, lugar Barreiro, lugar da Estación, que linda: norte, Río Portos; sur, Jesús Docampo Otero e camiño; leste, vía do ferrocarril; oeste, predio matriz e rúa. Sobre este predio existe a seguinte edificación: nave composta de planta baixa dunha superficie construída de 3.231 m2 e dunha superficie útil de 2.966,35 m2, e planta primeira dunha superficie construída de 60,80 m2 e unha superficie útil de 54,80 m2. Referencia catastral 0107419NH7200N0001RJ. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Lalín no tomo 942, libro 350, folio 164, predio 39.768.

Tipo de licitación primeira poxa: 808.121,63 euros.

Tipo de licitación segunda poxa: 686.903,39 euros.

Tipo de licitación terceira poxa: 565.685,14 euros.

Tramo de poxa: 1.000 euros.

• Lote 2.

1. Parcela situada no polígono industrial de Botos dunha superficie de 1.391 m2 que linda: norte, Industrias González, S.L.; sur, Industrias González, S.L.; leste, Industrias González, S.L.; oeste, Industrias González, S.L. Referencia catastral 0107405NH7200N0001BJ. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Lalín no tomo 907, libro 339, folio 101, predio 44.364.

2. Vivenda situada no polígono industrial de Botos 18, de planta semisoto de 89 m2, planta baixa de 159 m2 e planta baixo cuberta de 86 m2 con terreo unido destinado a monte en que existe un almacén de 24 m2, asentada sobre unha parcela de 4.928 m2 e unha superficie útil de 159 m2 que linda: norte, Industrias González, S.L.; sur, Industrias González, S,L,; leste, Industrias González, S.L. e ferrocarril; oeste, rúa do polígono de Botos. Referencia catastral 0107403NH7200N0001WJ. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Lalín no tomo 907, libro 339, folio 102, predio 44.365.

3. Inmoble situado en Botos, lugar de Tenza da Pedreira cunha superficie de terreo de 1.052 m2 que linda: norte, Jesús Docampo Otero; sur, Jesús Docampo Otero; leste, pista; oeste, Jesús Docampo Otero. Referencia catastral 0107404NH7200N0001AJ. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Lalín no tomo 850, libro 306, folio 107, predio 41.529.

4. Inmoble situado no polígono de Botos, lugar de Barreiro cunha superficie de terreo de 1.217 m2 que linda: norte, Industrias González, S.L.; sur, Elena Gutiérrez Nogueira e vértice; leste, Industrias González, S.L. e casa vella e predio de Elena Gutiérrez Nogueira e predio matriz de Luciano García Carral e José García Rodríguez; oeste, rúa do Polígono. Referencia catastral 0107421NH7200N0001KJ. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Lalín no tomo 918, libro 343, folio 217, predio 44.731.

Consta no Rexistro da Propiedade como carga a condición resolutoria a favor do Concello de Lalín da obriga do adquirente de destinar forzosamente esta parcela á construción de naves industriais, obras que deberían dar comezo no prazo dun ano contado desde o 29.4.1976.

Tipo de licitación primeira poxa: 224.658,16 euros.

Tipo de licitación segunda poxa: 190.959,44 euros.

Tipo de licitación terceira poxa: 157.260,71 euros.

Tramo de poxa: 1.000 euros.

Os lotes poxaranse independentes e os interesados poden concorrer a calquera deles. Para tomar parte na poxa é requisito indispensable consignar o 20 % da cantidade sinalada como tipo de licitación do lote perante a mesa, ou acreditar que se depositou tal cantidade previamente na Caixa de Depósitos.

Serán por conta dos adxudicatarios os custos dos anuncios, rateados segundo os tipos dos lotes, así como os orixinados pola adxudicación e formalización da escritura pública da venda; os demais gastos e impostos derivados da transmisión serán de aplicación conforme o disposto na lei.

Os pregos de condicións que rexen os presentes alleamentos están á disposición dos interesados na Subdirección Xeral do Patrimonio, rúa da Pastoriza, nº 8-2º andar (Santiago de Compostela), así como na páxina web da Consellería de Facenda (http://www.conselleriadefacenda.es/web/facenda/a-conselleria/transparencia/contratacion-patrimonial/procedementos-de-licitacion).

Teléfono de información: 981 54 41 51 e 981 54 58 67.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2017

María del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda