Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 31 de maio de 2017 Páx. 26417

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Verín

ANUNCIO de anulación do Plan xeral de ordenación municipal.

De conformidade co indicado na Dilixencia de Ordenación do 10 de maio de 2017, comunícase que a Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Quinta, na Sentenza número 278/2017, do 17 de febreiro, estimou o recurso contencioso-administrativo 4170/2013, formulado por Juan Manuel Brea Chapado contra a Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, do 7 de decembro de 2012, pola que foi definitivamente aprobado o Plan xeral de ordenación municipal de Verín.

En consecuencia, anulouse o Plan xeral de ordenación municipal de Verín, por considerarse contrario ao ordenamento xurídico.

Verín, 24 de maio de 2017

Diego Lourenzo Moura
Alcalde en funcións