Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 31 de maio de 2017 Páx. 26418

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO da convocatoria para a provisión, mediante libre designación, do posto de traballo de director/a da Área de Transparencia e Goberno Aberto.

No BOP de Ourense do 20 de abril de 2017 publicáronse íntegras as bases da convocatoria, mediante libre designación, para a provisión do posto de traballo de director/a da Área de Transparencia e Goberno Aberto da Deputación Provincial de Ourense.

O posto que se convoca é o seguinte:

– Un (1) posto de director/a da Área de Transparencia e Goberno Aberto, funcionario, asimilado ao subgrupo A1/A2, nivel 30/26. Forma de provisión: libre designación.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación durante o prazo dos 15 días naturais seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE, conforme o modelo de solicitude anexo nas correspondentes bases. Así mesmo, poderán presentarse na forma que determina o artigo 16 da Lei 39/2015.

A Deputación facilitará copia das bases e modelo oficial de solicitudes nas oficinas do Rexistro Xeral, rúa Progreso, 32 (Ourense) e tamén na páxina web www.depourense.es.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse exclusivamente no taboleiro provincial de edictos en todo caso, na páxina web www.depourense.es, e no BOP de Ourense, cando proceda, de conformidade coas bases do procedemento.

Publícase isto de conformidade co disposto no artigo 233.3 da Lei 5/1997, de Administración local de Galicia.

Ourense, 21 de abril de 2017

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense