O 18 de abril de 2017, a xefa territorial da Consellería de Sanidade da Coruña ditou a resolución do expediente sancionador 2016310AL-CO incoado a Carmen Gestal Baldomir.
Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, notifícase a Carmen Gestal Baldomir o contido da referida resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento dela.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que lle asiste para interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña, e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1. da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.
No caso de estar de acordo co contido desta resolución o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera entidade bancaria colaboradora, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A Coruña, 27 de abril de 2017
Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Nº de expediente: 2016310AL-CO.
Interesada: Carmen Gestal Baldomir (Súper de la Fruta).
DNI: 76315191H.
Derradeiro enderezo coñecido: rúa da Merced, 79, 15009 A Coruña.
Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.