Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 31 de maio de 2017 Páx. 26379

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 27 de abril de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2017159ALPO, por infracción en materia de seguridade alimentaria.

Con data do 7 de abril de 2017, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2017159ALPO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra contra a entidade Mariscos Ría de Vigo, S.L., con CIF B 36783579.

Tras intentar a notificación deste acordo consonte ao artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non puido practicarse, polo que mediante esta cédula notifícaselle a Mariscos Ría de Vigo, S.L., o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da devandita lei, para o seu coñecemento.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, que se contarán desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, rúa Fernández Ladreda, núm. 43, 1º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da dita lei.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, consonte o artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.

Advírtese que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 27 de abril de 2017

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2017159ALPO.

Denunciada: Mariscos Ría de Vigo, S.L., con CIF B 36783579.

Último enderezo coñecido: Porto Pesqueiro, Dársena 4, 36202 Vigo.

Feito imputado: suposta infracción en materia de seguridade alimentaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos: artigos 3, 4, 5 e 6, punto 1 do capítulo I; puntos 1.a) e b) do capítulo II; punto 1 do capítulo V; puntos 1, 2, 3 e 4 do capítulo VI; punto 2 e 3 do capítulo IX; punto 1 e 2 do capítulo X do anexo II do Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

Punto 2 do capítulo III da sección VII do anexo III do Regulamento (CE) 853/2004, do 29 de abril, e modificacións posteriores, polo que se establecen normas específicas de hixiene dos alimentos da orixe animal.

Tipificación: infracción administrativa no artigo 51 punto 2 da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.

Sanción proposta: dez mil euros (10.000,00 €).