Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 31 de maio de 2017 Páx. 26383

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 5 de maio de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2017053AL-CO, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 18 de abril de 2017 a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2017053AL-CO incoado a Carmen Milagros Bautista Bautista.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, notifícaselle a Carmen Milagros Bautista Bautista o contido de dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto na letra f) do artigo 64.2 e no artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, para presentar alegacións, ante a xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da dita lei.

No caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos na letra f) do artigo 64.2 da Lei 39/2015.

Advírtese que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 5 de maio de 2017

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2017053AL-CO.

Interesada: Carmen Milagros Bautista Bautista (Café Bar La Esquinita).

NIF: X9934949F.

Último enderezo coñecido: avenida As Veigas, 48, baixo, 15320 As Pontes de García Rodríguez.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.