Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 30 de maio de 2017 Páx. 26127

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 5 de maio de 2017, da Xefatura Territorial de Vigo, de notificación de citacións para recoñecemento no procedemento BS210A.

Despois de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, de conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio deste anuncio emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo, ou aos seus representantes, para ser notificados da citación para a valoración que se indica.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, o interesado, ou o seu representante debidamente acreditado, poderá comparecer, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do órgano de valoración da Dependencia de Vigo, sitas na rúa Numancia, 3 (Calvario), Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais a partir do día seguinte ao do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Advírtese que, de non presentarse á cita, e de conformidade co establecido no artigo 27.3 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, e no artigo 92 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, paralizarase o procedemento, de tal forma que unha vez transcorridos tres meses sen realizar as actividades necesarias para continuar a tramitación producirase a caducidade do procedemento, salvo causa de forma maior acreditada, acordándose o arquivamento de actuacións, previa resolución ditada nos termos do artigo 42 da citada Lei 30/1992, o cal lle será notificado ao interesado.

Vigo, 5 de maio de 2017

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente

Apelidos e Nome

(DNI)

Acto obxecto de notificación

Data do documento

VI-0000046323

Arias Juvencio, Noa

(K5414504-M)

Citación BS210A

9.3.2017

VI-0000052698

Fernández Fernández, Samuel

(K5415059-P)

Citación BS210A

9.3.2017

VI-0000052696

Fernández Fernández, Sara

(K5415058-F)

Citación BS210A

9.3.2017