Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 30 de maio de 2017 Páx. 26124

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2017, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e documentalmente simplificado, para a contratación do servizo de limpeza no Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes de Vigo.

A Xefatura Territorial de Vigo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar o seguinte procedemento:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Xestión Económica.

2º. Enderezo: rúa Concepción Arenal, nº 8, 2º andar.

3º. Código postal e localidade: 36201 Vigo.

4º. Teléfono: 986 81 77 25/986 81 76 47. Fax: 986 81 76 83.

5º. Perfil do contratista: http://www.contratosdegalicia.es

6º. Data límite de obtención de documentación e información: desde a publicación deste anuncio ata a finalización do prazo de presentación de propostas.

d) Número de expedientes: 1.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: expediente 26/2017.

Servizo de limpeza no Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes de Vigo.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Prazo de execución: (18 meses) desde o 1 de xullo de 2017 ata o 31 de decembro de 2018.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 90911200-8; CPA: 81.21.10.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, contratación documentalmente simplificada.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento: 201.321,01 €. IVE (21 %): 42.277,41 €. Total: 243.598,41 €.

5. Garantías exixidas. Provisional: non. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a sinalada no PCAP.

b) Outros requisitos específicos: os sinalados no punto Y das follas de especificacións do PCAP.

7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: no Rexistro Xeral, segundo establece o prego de cláusulas administrativas ou por correo, segundo o establecido no punto 6.1 do PCAP.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo.

2º. Enderezo: rúa Concepción Arenal, nº 8, 36201 Vigo (Pontevedra).

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses, contados desde a data de apertura das propostas.

8. Apertura de ofertas: terá lugar en acto público, nunha sala de xuntas da Xefatura Territorial de Vigo, á hora e á data que será anunciada con tres días hábiles de antelación no perfil do contratista http://www.contratosdegalicia.es/

Enderezo: rúa Concepción Arenal, nº 8, 2º andar, 36201 Vigo.

9. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario (aproximadamente 5,41 € por liña).

Vigo, 2 de maio de 2017

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo