Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 30 de maio de 2017 Páx. 26103

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se someten a información pública anteproxectos de explotación de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros de uso xeral por estrada.

De acordo cos artigos 76 e 77 da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación, a Dirección Xeral de Mobilidade elaborou corenta e dous anteproxectos de explotación de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros de uso xeral por estrada, que serán obxecto de adxudicación polo procedemento de adxudicación directa que regulan as devanditas normas.

Xa que logo, acórdase someter a información pública durante dez días naturais, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, os corenta e dous anteproxectos de explotación de servizos de transporte que se indican no anexo.

Durante o dito prazo os anteproxectos obxecto de información pública estarán dispoñibles para calquera interesado na páxina web da Dirección Xeral de Mobilidade, e as empresas e demais interesados en xeral poderán formular as alegacións que consideren en relación co contido do anteproxecto.

Igualmente, as empresas con capacidade para a súa prestación poderán propoñerse para ser invitadas para a presentación de ofertas nos termos do artigo 77 da Lei 2/2017, do 8 de febreiro.

As ditas alegacións e os ofrecementos para a remisión de invitacións para formular oferta, serán presentadas a través do enderezo de correo electrónico transportepublico@xunta.gal, ou remitilas á Dirección Xeral de Mobilidade consonte co previsto no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2017

Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade

ANEXO

Código anteproxecto

Denominación

XG500

O Carballiño

XG501

Baixa Limia

XG502

Eixo de Laza

XG503

Terra de Celanova

XG504

O Ribeiro

XG505

Ourense

XG510

Viana

XG511

A Limia

XG512

Valdeorras

XG513

Trives-Caldelas

XG514

Verín

XG515

Allariz

XG520

A Estrada-Pontecesures, con anexos

XG521

Salvaterra de Miño-Vigo, con anexos

XG522

A Cañiza-Vigo, con anexos

XG523

Lugo-Ourense-Vigo, con anexos

XG524

Soutomaior con Pontevedra e Vigo, con anexos

XG525

Pontevedra-Bueu-Cangas-Vigo, con anexos

XG526

O Grove-Pontevedra, con anexos

XG527

O Grove-Vilagarcía de Arousa, con anexos

XG528

Marín-Pontevedra, con anexos

XG529

A Coruña-Canzobre

XG530

Boiro-Noia, con anexos

XG531

Santiago-Ortoño, con anexos

XG532

Carballo-Tablilla, con anexos

XG533

Viveiro-Ribadeo, con anexos

XG534

Lugo-Fonsagrada, con anexos

XG535

A Coruña-Lugo-A Mariña, con anexos

XG536

Lugo Noroeste e Terra Chá, con anexos

XG537

Lugo-Sarria, con anexos

XG538

Meira-Lugo, con anexos

XG539

Betanzos-Monfero, con anexos

XG540

Cedeira-Ferrol, con anexos

XG541

Ferrol-A Capela, con anexos

XG542

Ferrol-Mandiá-A Graña, con anexos

XG543

Dozón-Lalín, con anexos

XG544

O Barco de Valdeorras-Ourense, con anexos

XG545

Castro Caldelas-Monforte de Lemos, con anexos

XG546

Sobrado-Vila de Cruces, con anexos

XG547

Sarria-Pedrafita, con anexos

XG548

Lalín-Monforte-Lugo, con anexos

XG549

Chantada-Carballedo, con anexos